Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento migra a software libre

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/06/14 (09:02)

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento vén de acordar a migración dos seus sistemas informáticos a ferramentas non privativas. Así nolo conta a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), que informa que a coordinadora asinou un convenio co GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) polo que traballará unicamente con sistemas operativos de código aberto. Pola súa parte, GPUL asumirá de balde o traballo de instalación e xestión do software open source nos equipos.


Estas decisións teñen a súa raizame no aliñamento ideolóxico da plataforma galega de organizacións sen arela de lucro cos principios básicos e específicos do movemento mundial de software libre. Por outra banda, e xa nun plano máis concreto, a orixe da migración está nunha doazón recibida pola Coordinadora en 2013 de mans da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, que cedeu diferentes equipos informáticos para as asociacións integradas na plataforma a través da sinatura dun convenio e grazas a colaboración de AGASOL, que informa que “catro dos computadores cedidos pola Fundación quedaron para o emprego do equipo técnico da Coordinadora”. A sinatura dun convenio específico co Grupo de Programadores e Usuarios de Linux ten permitido que estes ordenadores conten cun sistema de software libre adaptado ás necesidades de funcionamento da plataforma de ONGD e que ademais, o propio GPUL, asista tecnicamente á Coordinadora na súa xestión diaria.

Tema: Xeral
Fonte: CódigoCero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal