Un equipo da empresa Dassault Systèmes, en colaboración investigadores e fabricantes de dispositivos cardíacos, desenvolveu o primeiro modelo virtual dun corazón humano completo. O obxectivo do proxecto Living Heart é mellorar o diagnóstico, tratamento e prevención das afeccións cardiovasculares, mediante modelos virtuais en 3 D personalizados, segundo os seus creadores.
Esta compañía utilizou o seu sistema Simulia, un software de simulación realista que se usa en procesos de deseño, enxeñaría e investigación, para crear este modelo completo, capturando o comportamento eléctrico e mecánico do corazón con todo detalle.
O desenvolvemento, din os investigadores, "permitirá a médicos, científicos e fabricantes de dispositivos viaxar polo interior do corazón para acelerar a innovación e mellorar o tratamento da principal causa mundial de morte no mundo: as enfermidades cardiovasculares.
Mediante a utilización dun ecocardiograma, imaxes de escáner MRI e CT, xunto aos datos de investigación cardíaca, as simulacións 3D personalizadas do corazón "permitirán moi pronto aos profesionais médicos coñecer mellor o comportamento do corazón dun paciente sen necesidade de procedementos de diagnóstico invasores adicionais", engaden estas fontes.
"É apaixonante como se pode simular o modo no que pode responder o corazón dun paciente ante unha gran variedade de intervencións, evitando así as incertezas sobre o resultado dun tratamento concreto," sinalou James C. Perry, director de Electrofisioloxía e Enfermidades Coronariasl Rady de San Diego (EUA), que colaborou no proxecto.
Mellora de terapias
Na súa opinión, este avance será útil para mellorar as terapias de pacientes con defectos cardíacos conxénitos, que requiren moitos tratamentos, pero tamén se poderá aplicar a unha gran porcentaxe de poboación que sofre fallos cardíacos, arritmias e outras anomalías estruturais.
"Esta tecnoloxía vai supoñer un grande avance que acelerará a materialización dos nosos avances científicos sobre a función cardíaca en aplicacións prácticas que promovan unha mellor saúde e seguridade", engade.
O proxecto Living Heart, lanzado ou pasado mes de xaneiro, reúne destacados investigadores cardiovasculares e educadores, fabricantes de dispositivos cardíacos e axencias reguladoras. Segundo os participantes, esta simulación realista dun corazón humano será non só unha valiosa ferramenta educativa e de fomento da innovación na investigación, senón que tamén acelerará os ciclos de aprobacións regulatorias, reducirá os custos de desenvolvemento de novos dispositivos máis personalizados e permitirá o diagnóstico temperán e a mellora dos resultados dos tratamentos.
Rexístrate como: