Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Proxecto Aparka

O innovador sistema para bicis Aparka esperta interese en Europa

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/06/14 (08:34)

O Centro de Mobilidade Sostible Cedemos impulsado por Emaús Bilbao participou por primeira vez no encontro europeo ECOMM, celebrado a principios de maio en Florencia, para presentar o proxecto Aparka. Este sistema consiste nunha estrutura modular para aparcar bicicletas privadas que tamén permite xestionar os servizos públicos de aluguer de bicis, grazas ao uso de sistemas inarámicos para a identificación de usuarios. Ademais de fomentar o uso deste sistema de transporte, máis ecolóxico e saudable, Aparka promove a inclusión laboral dando formación e traballo a persoas excluídas a través do seu servizo de reparación das bicicletas.


Víctor Furundarena, xerente de Cedemos, foi o encargado de presentar o sistema na conferencia de Florencia. "As características máis valoradas foron a posibilidade de aparcar de forma segura as bicicletas eléctricas, recargalas e xestionalas, destaca o responsable de Aparka, tamén se valoraron positivamente os servizos de reparación e mantemento baixo demanda, a conexión intermodal da bicicleta e a xeración de emprego para persoas en exclusión.


Tras o encontro, varias empresas e entidades europeas ligadas á mobilidade mostraron o seu interese polo proxecto, desenvolvido co apoio de BBK. A nivel estatal, os municipios de Gandia, Xerez da Fronteira e Chiclana interesáronse pola posibilidade de implantar esta solución nas súas cidades, mentres que en Euskadi, se puxeron en contacto con Cedemos varios concellos, entre eles Donostia, Galdakao, Basauri e Arrigorriaga.


Dende mediados de marzo, un grupo de estudantes da UPV/EHU está a utilizar o sistema Aparka dentro dun piloto de tres meses para comprobar o seu bo funcionamento. O campus de Leioa conta cun módulo para 11 bicicletas e os seus usuarios recibiron previamente formación sobre o seu funcionamento, así como unha tarxeta con identificador de radiofrecuencia para a bici e o acceso aos servizos de reparación de bicicletas de Aparka. 

Tema: Xeral
Fonte: Euskadi+innova
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal