A pasada fin de semana desenvolveuse a primeira edición da LAN Party Smart Weekend no Coliseum da Coruña, encontro que colle o relevo da Arroutada Party (que cesou tras 19 anos de actividade) e serviu en boa medida para calmar a ansia de centos de seareiros deste tipo de actividades que este ano quedaron sen a habitual celebración de Xuventude Galicia Net.
Tres días seguidos de actividade en rede, con retos de desenvolvemento informático, torneos de videoxogos, obradoiros e moita convivencia entre apaixonados á informática, que sumaron preto de quiñentas inscricións, sentando os alicerces para un evento con vocación de continuidade.
Os participantes puideron conectarse a unha rede de alta velocidade coa que acceder á Internet e interactuar entre os presentes de xeito local, pero o Coliseum non se limitou á LAN Party pura, senón que tamén acolleu unha nova edición de Betabeers Galicia, unha mesa redonda sobre blogging 2.0 e incluso unha entrega de premios aos proxectos máis innovadores orientados a converter A Coruña nunha cidade máis eficiente, que recaeron en Sitium Technologies (Cristina Gamallo e Adrián Canedo) polo seu proxecto de Museos Intelixentes, a axenda cultura de Vivir na Coruña (Lucía Pita e Daniel Fernández) e o proxecto de Gestión de la felicidade urbana (Óscar Blanco).
Rexístrate como: