Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Sistema de seguridade para autobuses urbanos e transporte escolar

Innovador sistema de seguridade para evitar atropelos nas inmediacións das paradas de autobús

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/06/14 (09:18)

Investigadores da Universitat Politècnica de València, en colaboración coa empresa C-Robots, S.L., desenvolveron un novo sistema de seguridade para autobuses urbanos e transporte escolar que permite detectar a presenza de peóns nas súas inmediacións, avisar o condutor da situación de perigo e, en última instancia, actuar directamente sobre o vehículo.


Está ideado para evitar atropelos no ámbito das paradas, cando o autobús reinicia a marcha. Instalouse de forma experimental en autobuses urbanos da compañía Castrosua S.A -socio do proxecto- e estase a implantar nos da empresa Autobuses Furió SL.


O sistema incorpora diferentes cámaras situadas en puntos estratéxicos do autobús que permiten ao condutor ver onde non alcanzan os espellos retrovisores; unha pantalla situada xunto ao volante do vehículo; un avanzado software para a detección de persoas e diferentes mecanismos de alerta sincronizados co software.


Segundo destacan os investigadores, o sistema que desenvolveron resulta de especial interese para a seguridade dos máis pequenos. Neste caso, os equipos de seguridade tradicionais presentan algunhas deficiencias, xa que cando os nenos están preto do autobús, quedan no ángulo morto dos retrovisores, co perigo que iso leva consigo. "O noso equipo procesa de forma automática as imaxes captadas polas cámaras e alerta o condutor mesmo se non está a mirar a pantalla", destaca Armesto, investigador do Instituto IDF da UPV.


Alerta, detección e probas


Ademais do software, os investigadores desenvolveron un mecanismo incluído no acelerador que, no caso de que haxa perigo, pode chegar a bloquealo; e un sistema que evita que o condutor siga xirando o volante cara ao lugar onde se encontra o peón.


"O sistema, nun principio, non inhabilita a condución, senón que cando detecta un perigo, vai alertando o condutor, actuando lixeiramente sobre o acelerador ou o volante. Se o condutor persistise, pode chegar a xerar unha parada de emerxencia, apunta Leopoldo Armesto. 


Para comprobar as prestacións de todo o equipo, os investigadores levaron a cabo diferentes probas, nun ámbito controlado, provocando o freado dun autobús ao detectar a proximidade a este dunha persoa co vehículo en marcha.


Aprendizaxe automática


Para a validación da capacidade de procesamento do software, os investigadores crearon unha gran base de imaxes tomadas en diferentes lugares da cidade de Valencia cun tránsito de persoas significativo. Entre estes lugares encontrábase a propia Universitat Politècnica de València, a Estació del Nord de RENFE, o Hospital La Fe e o Colexio Más Camarena (Bétera).


Utilizamos un total de 12000 mostras de persoas vistas dende unha posición vertical correspondente á vista que se ten dende a situación das cámaras no autobús. Este gran banco de imaxes é aquel permite ao sistema que identificar e detectar a presenza dunha persoa fronte ao autobús, avisar ao condutor e, no caso de que sexa necesario, actuar directamente sobre o vehículo", explica Leopoldo Armesto.


Este novo sistema de seguridade para autobuses desenvolveuse no marco do proxecto SAFEBUS, cofinanciado polo Ministerio de Economía e Competitividade, a través do programa INNPACTO 2011, e pola Unión Europea a través dos fondos FEDER. 

Tema: Xeral
Fonte: Dycit
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal