Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Fieced

Comeza este martes en Santiago o Primeiro Foro Iberoamericano de Educación na Era Dixital

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/06/14 (09:05)

Este martes ábrense en Santiago as actividades do Primeiro Foro Iberoamericano de Educación e Cultura na Era Dixital, FIECED.


Trátase, como indica o seu nome, dun evento dirixido a por en xogo un escenario común de reflexión de carácter internacional arredor de dúas cuestións que non só están condenadas a atoparse senón tamén a obter beneficio mutuo: por unha banda as novas tecnoloxías da información e pola outra o ensino. O acto inaugural está previsto para as 10.00 horas na Cidade da Cultura de Santiago.


O evento está organizado pola empresa tecnolóxica Crambo, a Xunta de Galicia e a Casa de América. Desenvolverase os días 3 e 4 de xuño. Segundo informan os responsábeis do evento, FIECED ten como gran obxectivo “xuntar vontades, esforzos e visións dos diferentes pobos de Iberoamérica para conseguir afrontar o maior alicerce do noso futuro: a educación e a formación”. O Foro contará coa participación dun número importante de integrantes das comunidades educativas de ámbalas beiras do Atlántico (incluíndose os reitores e vicerreitores das universidades galegas) e dos principais responsábeis de educación de varios países iberoamericanos, como Nicaragua, Porto Rico, Portugal ou Uruguai.


O programa de FIECED inclúe relatorios institucionais dalgúns dos maiores expertos a nivel mundial en materia educativa e tecnolóxica. Falarán, entre outros, Alejandro Piscitelli (profesor titular do proxecto #humanidadesdigitales e deseñador de proxectos en prácticas e culturas dixitais), Miguel Ángel Prats i Fernández (mestre, psicopedagogo e doutor en Pedagoxía pola Facultade de Psicoloxía da Universitat Ramón Llull de Barcelona) e Celia Sánchez-Ramos (científica e investigadora da área de Ciencias da Visión, foi candidata aos Premios Príncipe de Asturias 2011 e en 2009 designada pola ONU como Mellor Inventora do Mundo).


Todo o programa de actividades de FIECED poderá seguirse vía streaming a través da ligazón blog.fieced.com/streaming. Do mesmo xeito, os asistentes terán información pormenorizada de todo o que alí aconteza grazas a Spotlinker, a aplicación oficial do evento.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal