O desenvolvemento da tecnoloxía no campo da educación brinda novos horizontes e modelos de acceder e compartir coñecemento. Pensando niso, os portais da rede Universia difunden un especial con 9 infografías explicando en detalle as tendencias na educación nos próximos anos.
O especial elaborado sobre a base do NMC Horizon Report 2013 Higher Education Edition, aborda os seguintes temas: a relación do Big Data no ensino, a importancia do ensino adaptativo, os cambios previstos na educación mundial ata o 2020, que é educación híbrida, a evolución dos cursos online, e cales son os desafíos dos MOOCs (Cursos Online Masivos en Abierto). Ademais, a influencia da tecnoloxía na creatividade, como os xogos estarán máis presentes na educación, que dificulta a alianza entre educación e tecnoloxía, como as impresoras 3D estimulan a aprendizaxe e por que a clase invertida é unha tendencia cada vez máis próxima.
Nestes momentos poderás ver publicadas as seguintes infografías:
As infografías foron creadas co obxectivo de apoiar á comunidade universitaria na aprendizaxe e ensino a través de recursos dixitais; e dar a conecer as tendencias proxectadas no uso das tecnoloxías para a educación.
Rexístrate como: