Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Videoxogo EM Fighter

Un videoxogo que conciencia sobre a esclerose múltiple con gráficos de Kukuxumusu

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/05/14 (09:14)

Un videoxogo, grazas á inmersión que só a interacción fai posible, pode ser unha poderosa arma para educar. Desta forma, La Factoria d'Imatges creou a secuela do videoxogo móbil EM Fighter (que conta con gráficos deseñados por Kukuxumusu) para seguir impulsando a concienciación á sociedade sobre a esclerose múltiple.


Esta ferramenta foi creada o ano pasado por parte de Esclerose Múltiple España (EME), a Fundación Vasca de Esclerose Múltiple, Fundación Esclerose Múltiple de Cataluña e Fundación de Esclerose Múltiple de Madrid, e a colaboración de Genzyme e Sanofi Company.


Ademais, a iniciativa foi deseñada graficamente por Kukuxumusu e desenvolvida por La Factoria d'Imatges sobre unha idea orixinal da Fundación Vasca de Esclerose Múltiple.


Este ano, e con motivo da celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple, o próximo 28 de maio, lanzouse este xogo no que a neurona chamada 'Neuri' debe sortear os obstáculos que a enfermidade lle presenta en forma de diferentes personaxes, recollendo todos os obxectos que encontre polo camiño co obxectivo de sumar o máximo de puntos.


O reto que se marcaron dende Esclerose Múltiple España e os seus asociados é conseguir na semana do 28 de maio o maior número de persoas posible que se descarguen a aplicación en todo o mundo, e xoguen ata superar os 5.000.000 puntos, o dobre do conseguido o ano pasado en España.


"Hai moitas maneiras de conseguir a sensibilización e o apoio social ás persoas cunha enfermidade tan enigmática como a Esclerose Múltiple. Con xogos como 'EM Fighter' conséguese chegar á sociedade dun xeito lúdico. Agora, coa versión en inglés, pódense sumar esforzos dende outras partes do mundo, que é precisamente o que se pretende no Día Mundial, resolveu a presidenta de EME, Ana Torredemer. 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIc
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal