Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Signslator

Nace Signslator, o tradutor 'online' de español á lingua de signos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/05/14 (09:08)

A ferramenta de comunicación Signslator -creada pola axencia de publicidade TBWAEspaña para a Asociación para a Normalización da Linguaxe de Signos (ANICOLS)- é un tradutor 'online' que nace coa intención de axudar para oíntes e non oíntes e facilitar a aprendizaxe, a comprensión e o estudo da linguaxe de signos.


Signslator, que pode traducir instantaneamente o español á linguaxe de signos, é un 'microsite' cunha versión 'app' que está dispoñible gratis en Android e proximamente estarao tamén para dispositivos iOS.


Para realizar esta ferramenta, utilizáronse máis de 12.000 palabras, gravándose cunha intérprete unha toma de vídeo por cada unha delas. En total fixeron falta máis de 200 horas de rodaxe e máis de 750 horas de programación para adaptar a gramática española á da linguaxe de signos.


Singslator pode ademais enviar mensaxes en linguaxe de signos mediante Facebook e Twitter co que calquera usuario pode tanto recibir como enviar mensaxes signados.


Coa intención de seguir "perfeccionándose e actualizándose continuamente", creouse un grupo de actualización, mellora e internacionalización que estará encargado do seu desenvolvemento e de traballar na exportación da plataforma a outros idiomas e países, intentando converterse nun futuro nunha ferramenta "capaz de traducir" a outras linguaxes de signos internacionais dende as diferentes linguas.


Ademais, TBWAEspaña sinalou que xa recibiron as primeiras peticións de información para explotar a posibilidade de adaptar Signslator en Estados Unidos. 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal