Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App Protegete

Nenos e adolescentes presentan unha app para denunciar o ciberacoso

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/05/14 (09:44)

A idade de inicio no uso e manexo de internet, as tablets e os teléfonos intelixentes ou smartphones, está a baixar a un ritmo constante en España. O uso entre os nenos/ás de 11 anos en diante xa é maioritario, e cada día incorpóranse novos usuarios de 9 e 10 anos de idade. A conectividade móbil está a xerar novas oportunidades, e novas formas de ocio e relación, etc. Pero, ao mesmo tempo, parte dos problemas asociados ao uso inadecuado das tecnoloxías estanse a reproducir tamén neste novo ámbito.


Cada día rexístranse máis casos de acoso escolar en internet, ou ciberbullying, e outras situacións como o grooming ou o sexting, precisamente no ámbito da conectividade móbil.


Así, segundo o estudo "Menores de Idade e Conectividade Móbil en España: Tablets e Smartphones" (2014) realizado por PROTEGEles:



  • O 5,4% dos nenos españois de 11 a 14 anos (80.000 nenos/ás) foi vítima dalgún tipo de acoso a través do teléfono móbil. Esta porcentaxe sitúase xa no 8,4% entre os de 13 e 14 anos.

  • O 9% dos nenos destas idades recibiu imaxes de contido sexual.

  • Un o 11% recibiu mensaxes ou chamadas de descoñecidos.

  • Só un 30% dos nenos de 11 a 14 anos con móbil afirma apagalo ao irse a durmir.

A app PROTÉGETE aproveita as posibilidades da conectividade móbil para ofrecer unha axuda aos nenos e adolescentes adaptada a estas novas circunstancias.


PROTÉGETE permite aos nenos e adolescentes, en calquera momento e dende calquera lugar, a través de tres sinxelos botóns:



  1. Realizar unha denuncia anónima sobre un contido ilegal ou nocivo que encontrasen en internet.

  2. Pedir axuda ante situacións de acoso escolar en internet (CIBERBULLYING), de acoso sexual cara a menores (GROOMING), usurpacións de identidade en Redes Sociais e outras situacións conflitivas nas que se poidan chegar a encontrar.

  3. Determinar o nivel de coñecementos básicos que debesen ter sobre seguridade e uso responsable de internet e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación -TIC-. A app dispón dun TEST autoavaliable, que formula preguntas aos menores de idade e vai corrixindo as súas respostas. É tan importante ser capaz de reaccionar ao converterse en vítima dunha situación conflitiva, como ser consciente da propia responsabilidade se un mesmo é o causante do problema. 

A aplicación é totalmente gratuíta e descargable tanto dende Google Play coma dende Apple Store. Ao instalala e utilizala pon aos menores directamente en contacto cos avogados, psicólogos e expertos en seguridade do Centro de Seguridade en Internet PROTEGEles.


Ler noticia completa

Tema: Xeral
Fonte: Compromiso RSE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal