Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Marketplace 2014

En xuño celebrarase a V edición do CSR Marketplace

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/05/14 (08:45)

E un ano máis, preparámonos para un dos Marketplace máis importantes no noso país sobre RSC, innovación e sostibilidade. Forética ultima xa os detalles para o evento que se celebrará o próximo 3 de xuño en Madrid: CSR MarketPlace.


Un encontro no que asistirán empresas e organizacións comprometidas coa sostibilidade e a xestión responsable mostrando e presentando os asistentes, as mellores iniciativas en responsabilidade social corporativa. Cales son as temáticas para o Marketplace 2014?



  • Vida Sostible en Cidades: Proxectos orientados á mellora da calidade de vida das persoas en cidades, a través de produtos, servizos e modelos de xestión enfocados a temas tales como a mobilidade e o transporte eficiente, consumo sostible, smart cities, saúde e benestar social e educación.

  • Habilidades para o Emprego: Proyectos que inclúen a promoción do emprendimiento e o emprego novo, a inclusión social a través do emprego e iniciativas de mellora do lugar de traballo (diversidade, igualdade, inclusión, conciliación, etc.).

  • Responsables coa Biodiversidade: Iniciativas orientadas a preservar e poñer en valor a biodiversidade e a súa importancia na xestión empresarial. Inclúe proxectos que estean directamente dirixidos á integración da biodiversidade na empresa así como aquilo que o fagan de xeito indirecto a través de iniciativas vinculadas, entre outros temas, á eco-eficiencia, a xestión de residuos, o turismo ecolóxico, a utilización de enerxías renovables, a redución de CO2 e loita contra o cambio climático ou a xestión da auga, que poñan de manifesto o seu impacto positivo na biodiversidade.

  • Investimento na Comunidade: Inclúe iniciativas de voluntariado corporativo e acción social, accións con repercusión positiva na comunidade, Educación ou o desenvolvemento de produtos ou servizos innovadores e sostibles en países en vías de desenvolvemento (base da pirámide).

  • Integridade e Bo Goberno: Proxectos relacionados con promover a transparencia no goberno de empresas e organizacións, así como sistemas de xestión da RSE e a súa integración en todas as funcións de negocio, mecanismos de reporting extra-financeiro, procedementos anti corrupción, diálogo con grupos de interese e comunicación.

Non perderemos detalle. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovación Social
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal