Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App Wappa-Senior

Wappa-Senior, novedosa app permitirá seguir a vida dos anciáns en xeriátricos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/05/14 (08:25)

A aplicación, que se presentou no marco do 56 Congreso da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG) e o 20 Congreso da Societat Catalana de Geriatría i Xerontoloxía (SCGG), foi creada por xeriatras membros do Grupo de Traballo de Asistencia Sanitaria de Residencias de Anciáns da SEGG, en colaboración con Todeloo Ibérica. É gratuíta e está dispoñible tanto en 'Google Play' coma en 'App Store'.


"Wappa-Senior" nace coa misión fundamental de favorecer a relación e colaboración das familias e persoas achegadas, partindo do coñecemento de que as persoas que manteñen relacións sociais se senten apoiadas e viven máis felices", explicou a membro do Grupo de Traballo de Asistencia Sanitaria de Residencias de Anciáns da SEGG, Rosa López Mongil.


Ademais, esta ferramenta permitirá achegar a este sector da poboación as vantaxes e facilidades que as novas tecnoloxías proporcionan e mellorar a calidade dos centros que o adquiran.


"Moitos familiares descoñecen como é o labor que os profesionais nas residencias realizan. Deste modo, ademais de saber como transcorreu o seu día, poderán asegurarse de que, efectivamente, dende as residencias se está a procurar mellorar a saúde física, psicolóxica e social destas persoas, explicou López Mongil.


En concreto, a aplicación ofrece un control diario sobre as actividades do día a día, os menús que se ofrecen no centro e se o familiar comeu ou non. Tamén, mostra información das visitas, as saídas e as actividades especiais que se organizan.


Finalmente, 'Wappa-Senior' permite engadir comentarios sobre o plan de atención personalizado e conta cun apartado de mensaxería para que os familiares e o persoal da residencia poidan interactuar. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal