Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Centro para a Prevención do Acoso de Facebook

Facebook trae a España o Centro para a Prevención do Acoso

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/05/14 (09:50)

Facebook lanzou este mércores 21 de maio en España o seu Centro para a Prevención do Acoso, un novo recurso que ofrece ferramentas e información para axudar ás persoas a que se apoien unhas a outras cando detectan este tipo de comportamentos, tanto online como fóra da rede.


Creado polos enxeñeiros de Facebook e socios no Yale Center for Emotional Intelligence, o novo Centro para a Prevención do Acoso de Facebook é o resultado dun traballo pioneiro levado a cabo durante os últimos tres anos para axudar á xente a que a súa experiencia en Facebook sexa mellor e máis humana, segundo comunicou ao compañía.


O Centro foi deseñado para informar as persoas cando máis o necesitan: os que denuncien acoso a través dos enlaces de denuncia de Facebook serán dirixidos ao sitio, tendo así acceso a consellos sobre que facer se lles sucede algo desagradable, con recomendacións para os adultos que queren axudar, incluídos guións para iniciar conversacións difíciles e mesmo información para os que son acusados de acoso.


"Vivimos nun mundo no que xurdirán conflitos, tanto en Internet, como fóra da rede, polo que é importante ofrecer ás persoas as ferramentas e habilidades para afrontar este comportamento cando o detecten", comentou o director de Enxeñaría do equipo de Facebook Compassion Researc, Arturo Bejar. "O novo Centro para a Prevención do Acoso de Facebook forma parte do noso compromiso continuo para ofrecer protección ás persoas que usan o noso servizo, especialmente á xente nova,".


"Ao incorporar a ciencia das emocións, os principios do desenvolvemento infantil e os grupos de discusión con adolescentes, puidemos colaborar con Facebook na creación de sistemas e ferramentas, incluíndo guións e modos de iniciar conversacións que poden axudar aos adolescentes a xestionar as situacións de acoso dunha forma máis eficiente, tanto na rede, como fóra dela", explicou o director do Yale Center for Emotional Intelligence, Marc Brackett. 


En España, Facebook colaborou estreitamente con socios de seguridade locais, tales como GSIA, protegeles e Alia2, e recibiu deles comentarios e opinións moi útiles sobre o contido do Centro para asegurar que sexa relevante a nivel local para os mozos, os pais e os educadores. A experiencia destes socios axudounos a garantir que as persoas teñan acceso aos recursos máis útiles para xestionar o acoso e contribuír á súa prevención.


Hai que actualizar o concepto 'bullying' xerando políticas de actuación que incorporen novos paradigmas. Non só vale a sobreprotección senón, tamén, a capacitación do neno. De aí a importancia de proxectos educativos que pensen no neno como protagonista, dándolles voz", afirma Kepa Larrañaga, Coordinador Área TIC en*GSIA


"É fundamental que toda a comunidade educativa estea involucrada na prevención, detección precoz e intervención de acoso escolar e o 'ciberbullying'. Neste sentido, os Centros de Seguridade en Internet permiten aos menores de idade non só obter información sobre prevención, senón tamén recursos prácticos cos que contar para solucionar o problema", sinalou a directora de Proxectos en protegeles, Ana Oliaga. O 30 por cento dos estudantes españois son vítimas de 'bullying'. Borrar esta cifra é a nosa materia pendente. Previlo é cousa de todos", concluíu o director de Alia2, Miguel Comín. 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal