Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Chisqueiro intelixente Quibit

Quitbit, o chisqueiro electrónico que conta os cigarros, que che fumas busca financiamento a través de Crowdfunding

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/05/14 (09:22)

Deixar de fumar é un dos retos aos que calquera fumador se enfrontará nalgunha ocasión. Existen distintas formas para deixar o vicio de fumar como parches e caramelos de nicotina, libros e mesmo videoxogos. O equipo de Quitbit desenvolveu un chisqueiro intelixente, para o que buscan financiamento en Kickstarter, para que os fumadores poidan un rexistro preciso de canto fuman.


O chisqueiro -tamén denominado Quitbit- non utiliza gas nin propano polo que non ten chama, senón que incorpora unha resistencia eléctrica para acender os cigarros con autonomía para unha semana ou un paquete por día. A simple vista é un chisqueiro normal, pero na súa parte frontal incorpora unha pantalla que mostra a cantidade de cigarros que un usuario fumou nun día, o tempo dende o último cigarro e os diferentes obxectivos que pode configurar para deixar de fumar a través dunha 'app'.


A aplicación, que será compatible con iOS (a partir da versión 5) e Android (dende a versión 4.3) unha vez finalizado o seu desenvolvemento, sincronízase co chisqueiro a través de Bluetooth 4.0 e permite crear estatísticas do hábito do usuario. Unha vez coñecidas as estatísticas, o usuario pode axustar os seus propios obxectivos para poder deixar de fumar de forma gradual.


Unha das funcións máis efectivas para deixar de fumar que incorpora Quitbit é que se pode desactivar o uso do chisqueiro nas horas en que o usuario estableza, imposibilitando o seu uso. Ademais, para os fumadores máis despistados, os usuarios recibirán unha notificación cando a conexión entre o chisqueiro e o teléfono se perda.


Os resultados das estatísticas, así como os logros, pódense compartir tanto na comunidade Quitbit como nas redes sociais Twitter e Facebook.


A compañía desenvolvedora comezou a campaña de 'crowdfunding' o pasado 12 de maio e ao día seguinte xa contaba con 179 mecenas e 11.457 dos 50.000 dólares que se marcaron como obxectivo. A campaña estará activa ata o próximo 11 de xuño e, Quitbit consegue o seu obxectivo, comezarán os envíos dos chisqueiros electrónicos a partir de decembro de 2014.


Aínda que se pode financiar con cantidades inferiores, para poder conseguir o chisqueiro e a 'app' hai que apoiar a campaña cun mínimo de 69 dólares (50,31 euros, aproximadamente). 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal