O 29 e 30 de maio seran os dias do emprendemento e innovación na Coruna grazas ao evento Galicia Innovation, organizado pola aceleradora TIC galega Zarpamos e GlobalNovaTrade (especializada en Mercadotecnia e adaptacion a mercados internacionais), e promovido pola Fundacion Ronsel, expertos en formación empresarial para emprendedores.
Galicia Innovation é unha das ferramentas do Programa de Cooperacion Internacional de Zarpamos, trátase dun evento anual onde se achega visibilidade e se fomenta o intercambio e enriquecemento conxunto entre emprendedores de diferentes paises, mediante mesas de traballo, relatorios, xornadas de networking, etc
Na súa I edicion o pais invitado é un dos líderes mundiais en emprendimiento e punteiro en desenvolvemento tecnoloxico internacional, Israel.
O evento divídese en dúas xornadas.
Durante a primeira, os asistentes poderán escoitar e participar en mesas de debate sobre internacionalización, innovación, inversión e experiencias emprendedoras cos nosos expertos internacionais Shira Abel, especialista de mercadotecnia internacional para startups e directora de Hunter & Bard; Noam Wekser, especialista en innovación e desenvolvemento de equipos; Noga Kap, experta en investimentos e mentor en StartHub; Gil Shay, emprendedor en serie e mentor en StartHub; Gil Canaani, experto en capital de risco e capital privado; Omer Pomerantz, experto en Ideación e responsable de Java Mobiley Embedded Solutions en Oracle; Eyal Benjamin director da aceleradora israeli StartHub; Ami (Aldo) Levin, Ministro-Conselleiro de Economia e Innovación da Embaixada de Israel en Espana, e locais como Fernando Vazquez, director de Imatia; Manuel Gonzalez Penedo da UDC; Miguel A. dez Ferreira, fundador e CEO de Rede Karaoke; Ramon Saltor, CEO en The Crowd Angel; Frankie Gomez, fundador e CEO Confirmsign, ou Manuel Antonio Varela Rey Director da Axencia Galega de Innovacion. Ao final do dia celebrásese unha cea networking privada onde os asistentes poderán estabelecer liñas de colaboracion.
Na segunda xornada os protagonistas seran os emprendedores, os que podern expoñer os proxectos previamente escollidos e levarse unha valiosa retroacción tanto dos mentores internacionais coma de investidores. E non só iso, os mellores proxectos optan a participar no programa de cooperación Internacional de Zarpamos - Starthub, polo que tras unha primeira fase de dúas semanas en Zarpamos, viaxarán a Israel durante oito semanas para potenciar a súa adaptación, coñecemento e expansión internacional.
O prazo de inscrición para a presentacion de proxectos e investidores pode facerse a travís da propia web www.galiciainnovation.com
Rexístrate como: