Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Interface intelixente

Crean unha tecnoloxía que permite mover obxectos co pensamento sin que o usuario canse

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/14 (09:25)

Ata agora era posible mover obxectos co pensamento grazas a sistemas con capacidade para procesalos e traducilos a un comando. Este avance foi de grande utilidade especialmente para as persoas que non poden falar nin moverse, pero a súa gran desvantaxe é que causan fatiga mental.


Agora, un investigador mexicano conseguiu deseñar unha interface intelixente que é capaz de funcionar de xeito autónomo ao aprender as instrucións dos usuarios ata nun 90 por cento. Ademais os resultados obtidos ata agora sinalan que o nivel de aprendizaxe do sistema se incrementa substancialmente co seu uso.


Outorgámoslle capacidades de aprendizaxe ao sistema mediante a implementación de algoritmos intelixentes, os cales aprenden, gradualmente, as preferencias do usuario. Nun momento determinado pode coller o control dos aparatos sen que a persoa teña que concentrarse máis para lograr o devandito obxectivo", apunta o investigador o cargo do proxecto, Christian Isaac Peñaloza Sánchez.


Unha vez que o sistema funciona de xeito automático, o usuario xa non ten que exercer concentración para controlar aparatos. Este novo desenvolvemento trae consigo unha vantaxe moi importante para o usuario: non se cansará tanto, o que implica á súa vez unha redución na frustración que se pode chegar a producir pola gran concentración que require a operación.


"Tivemos resultados bastante favorables en diversos experimentos con múltiples persoas que participaron como voluntarios nos nosos experimentos en vivo. Comprobouse que a fatiga mental do usuario diminúe de xeito significativo e que o nivel de aprendizaxe do sistema incrementa substancialmente", afirma o investigador.


O proxecto de Peñaloza Sánchez baséase nas interfaces cerebro-máquina, que son as encargadas de medir a actividade das neuronas para obter o sinal xerado por un pensamento, procesala e convertela en ordes.


Para facer as medicións colócanse electrodos na cabeza. Deste xeito mídese a actividade cerebral en forma de sinais de electroencefalograma. A través deste sistema a interface é capaz de "mover unha prótese robótica, o rato dun ordenador ou electrodomésticos". 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal