O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da programación da novena edición de Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 14 e 15 de maio e que centrará as súas actividades en impulsar a estimulación cognoscitiva e a detección precoz da dependencia, como ferramentas fundamentais para acadar un envellecemento activo, autónomo e saudable.
Este certame serve de punto de encontro pata tódolos axentes sociais galegos, públicos e privados, vencellados co sector do maior. Na súa intervención, Rogelio Martínez destacou a importancia da celebración dunha feira destas características nunha comunidade na que o colectivo conformado polas persoas maiores de 65 anos representa o 23% do total da poboación, o que a converte na segunda comunidade autónoma máis envellecida de España, detrás de Castela e León. “E si nos referimos a Ourense, esta cifra elévase ata case o 30%, sendo a provincia galega con maior porcentaxe de maiores”, engadiu o delegado territorial.
Así, A Xunta de Galicia aproveita a plataforma que ofrece este salón para promover as distintas actividades que se están a levar na nosa comunidade destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de que a padece como do que exerce e coidador.
En Galisenior participan un total de 59 expositores, que representa un 7% máis que na edición anterior, celebrada en 2012. Como complemento ao salón celébrase unha nova edición das Xornadas Técnicas, nas que participarán un total de 35 relatores procedentes de distintos sectores que achegarán unha perspectiva multidisciplinar e transversal sobre a problemática que máis preocupa ás persoas maiores.
Rexístrate como: