O negocio dixital das empresas galegas verase favorecido grazas a un congreso que tratará sobre o universo en liña e que terá lugar o vindeiro 13 de maio no Club Financeiro de Vigo. Estamos a falar dunha nova edición dos eRoadshows, evento que nace do éxito do eShow, o principal circuíto feiral con edicións en Barcelona, São Paulo, México D.F., Lima, Madrid, Lisboa e Bogotá. Organizados polo grupo eWorld, os eRoadshows están encamiñados a empresas e profesionais que están a piques de dar o seu primeiro paso no proxecto de transformación dixital.
Os eRoadshows -que contan co apoio da Cámara de Comercio de Vigo e do Círculo de Empresarios de Galicia Club Financeiro de Vigo- presentarán casos de éxito de eCommerce nacionais e internacionais como: Mariskito.com, Banco Sabadell, Territorio creativo, Creappcuentos. Asemade, tamén se contará coa achega de expertos de empresas como: TAPTAP Networks, Eloxia, E-Goi e Community Internet - The Social Media Company, e Mdirector (Grupo Antevenio), entre outras.
Na mañá do 13 de maio (de 9 a 14 horas) haberá tempo para: conferencias, casos de éxito e foros de debate nos que expertos do sector compartirán as últimas tendencias con todas aquelas tendas online, PEME, emprendedores, anunciantes e webmasters que queiran xerar negocio a través do comercio en liña.
Cómpre dicir que a entrada ao evento terá un custo de 20 euros. Engadir que os congresos eRoadshows seguirán de xira por España, pasando por Palma de Mallorca o 20 de maio e polas Palmas de Gran Canaria o 28 do mesmo mes
Rexístrate como: