Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App MyEardroid

Tecnalia lanza unha App que axuda ás persoas con limitación auditiva


  • Os usuarios poderán alertarse de sons en diferentes contornas a través do seu Smartphone

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/05/14 (08:17)

Oír o timbre da porta, a alarma de incendios ou unha billa mal pechada son situacións cotiás que para unha persoa con limitación auditiva poden converterse nun problema. O Centro de Investigación aplicada TECNALIA desenvolveu unha ferramenta para a detección e identificación de sons habituais que se xeran no fogar como apoio para as persoas con limitación auditiva. Trátase dunha aplicación para móbil que axuda ás persoas que teñen este tipo de limitacións na súa vida diaria.


Os usuarios simplemente terán que descargarse a aplicación no seu Smartphone, que lle avisará ou alertará dos diferentes sons que se producen no seu entorno a tempo real. A primeira versión da aplicación encóntrase dispoñible en Google Play baixo o nome  MyEardroid de forma gratuíta. As súas vantaxes son que ao ser portátil, está dispoñible en calquera lugar e momento e non depende de instalacións fixas. Ademais, pódese personalizar e cada usuario pode elixir os sons que lle interesen. A notificación realízase a través de vibración, texto e imaxe.


A aplicación pode beneficiar a calquera persoa que teña limitación auditiva severa ou profunda como un apoio no fogar, nun cuarto de hotel, no traballo ou en calquera lugar pechado. Ademais, tamén beneficiará ás persoas do seu ámbito, xa que estes avisos favorecerán a súa tranquilidade.


Tras poñer en marcha esta APP, o obxectivo de TECNALIA é seguir engadindo novos sons, así como identificar outros ámbitos nos que a aplicación poida ofrecer vantaxes aos seus usuarios.


TECNALIA está comprometido cun dos maiores retos do futuro: mellorar a calidade de vida das persoas, e un dos seus obxectivos é conseguilo no ámbito do envellecemento e a discapacidade. Por iso, o centro de investigación desenvolve novos produtos e servizos de apoio que, mediante a aplicación das novas tecnoloxías, permitan a persoas con necesidades especiais e aos seus coidadores, o acceso á información e aos servizos, así como a realización de actividades diarias da forma máis independente posible para mellorar a súa calidade de vida. 

Tema: Xeral
Fonte: Tecnalia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal