Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Curso impartido por Granxafamiliar

Granxafamiliar convoca un curso para estender a súa experiencia TIC a outras explotacións familiares do noso rural

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/05/14 (09:49)

Se hai alguén na nosa terra que teña experiencia nas potencialidades das novas tecnoloxías para os negocios do rural galego, de índole agrogandeira, son os impulsores e integrantes da iniciativa web Granxafamiliar.com. Tirando partido desta experiencia acumulada (dende 2007 polo menos), o equipo responsábel da dita plataforma de venda de distribución de produtos galegos con procedencia en explotacións familiares do noso rural, o grupo Gis-T da Universidade de de Santiago, vén de presentar un curso para fornecer ás granxas familiares o emprego das TIC para mellorar a súa competitividade.


O curso diríxese polo tanto a potenciar o uso das novas tecnoloxías da información entre as empresas de agricultura familiar e favorecer así o seu desenvolvemento económico, social e cultural. Segundo informa a USC, os participantes recibirán formación sobre mercadotecnia en liña en termos de innovación, emprendemento, xestión de recursos dixitais, xestión de redes sociais, agricultura ecolóxica, turismo creativo, desintermediación comercial, entre outros.


A cita desenvolverase entre os días 19 de maio e 16 de xuño e comprende formación presencial (20 horas) e a distancia (40 horas) a través de plataforma dixital, con clases teóricas e prácticas. O prazo de inscrición remata o 14 de maio. Máis en detalle, engade a USC, “os asistentes aprenderán a xestionar a súa propia web ou blog e os contidos nas redes sociais, como Facebook, Youtube ou Twitter; amais disto tamén coñecerán experiencias particulares doutros agricultores que xa aproveitan as vantaxes das novas tecnoloxías nos seus negocios”.


O curso está dirixido polo presidente de Granxafamiliar- ADAF e director do grupo de investigación Gist-T Idega da USC, Carlos Ferrás Sexto e coordinado polas profesoras do Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC, Mariña Pose e Yolanda García. Esta convocatoria enmárcase dentro das actividades organizadas pola Universidade de Santiago, Gis-T e Granxafamiliar para conmemorar o Ano Internacional da Agricultura Familiar no 2014, impulsado por Nacións Unidas e a FAO.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal