A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación ven de crear SignARTE, unha 'app' para Android que permitirá ás persoas xordas localizar os espazos culturais accesibles en calquera cidade española que visiten a través do teléfono móbil ou tableta.
SignARTE é unha aplicación gratuita que recolle información en lingua de signos española, sobre máis dun centenar de cines, teatros, bibliotecas, museos, espazos naturais, xacementos arqueolóxicos e recintos históricos do noso país que ofrecen servizos de accesibilidade como intérpretes de lingua de signos, signoguías, bucle magnético, subtitulado, servizos de emerxencia visuais, etc.
Ademáis, incorpora a función Preto de min' que mostra aos usuarios a oferta cultural accesible nun radio de ata 100 km de distancia a partir da súa ubicación, o que a convirte nunha guía de gran utilidade en materia turística que facilitará que as persoas xordas disfruten de ocio, arte e cultura sen barreiras de comunicación.
Esta 'app', financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, xa está dispoñible para a súa descarga en https://play.google.com/store/apps/details?id=tresandroides.signarte
Rexístrate como: