A Fundación BT e Fundación Universia poñen en marcha esta acción de voluntariado corporativo online a través do mentoring para apoiar universitarios con discapacidade de carreiras técnicas. O proxecto INmentoring TIC ten como obxectivo favorecer o acompañamento e a transmisión de experiencia profesional de empregados de BT, a estudantes con discapacidade.
No marco desta acción, ambas as dúas entidades promoven a mellora no rendemento académico dos estudantes universitarios con discapacidade. A través do asesoramento ofrecen orientación para a realización de traballos e o Proxecto Fin de Carreira, apoiando especificamente as áreas de sostibilidade e viabilidade dos proxectos.
En palabras do Ramón Capdevila, director de Fundación Universia, "este programa persegue enriquecer a formación dos estudantes con discapacidade e favorecer o seu contacto coa realidade empresarial para a que se están a preparar na universidade". Para Emilio Cortés, director da Fundación BT "se xa é importante que colaboremos no achegamento dos mozos á empresa, éo aínda máis que o fagamos cun colectivo que reforcemos esa colaboración cos que teñen que superar desafíos adicionais. Este proxecto reforza o compromiso da Fundación BT" "coas iniciativas inclusivas".
Desenvolvemento de competencias pre-laborais
Este programa presenta beneficios tanto para o mentor, coma para o estudante con discapacidade e a comunidade universitaria. Por unha parte, sensibiliza o equipo sobre as necesidades sociais doutros colectivos e favorece a conexión empresa-sociedade. Pola outra, favorece a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento de competencias pre-laborais.
Este proxecto preséntase como unha acción pioneira neste ámbito de colaboración, que actualmente se desenvolve con estudantes de telecomunicacións de universidades de toda España. Segundo a Guía de Atención á Discapacidade 2014 publicada por Fundación Universia, 21.942 estudantes con discapacidade están matriculados nas universidades españolas para o actual curso académico.
Fundación BT e Fundación Universia promoven esta iniciativa co desexo de converterse nun modelo exportable para outras carreiras e contar con outras empresas que se sumen ao proxecto.
Rexístrate como: