Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App para recordar as vacinas

Innovadora 'app' para recordar as vacinas dos teus fillos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/04/14 (09:09)

A Oficina Rexional para Europa da Organización Mundial da Saúde desenvolveu unha 'app' para teléfonos móbiles que axudará aos pais a recordar as vacinas que deben poñer aos seus fillos e a que idade deben ser administradas.


A miúdo, segundo informou este organismo de Nacións Unidas, os pais adoitan recoñecer que en ocasións non levan ao día a vacinación dos seus fillos, ben porque están demasiado ocupados ou simplemente porque se lles esquece ir ao pediatra.


Para evitar estes descoidos, a 'app' desenvolvida pola OMS permite adaptar o sistema de avisos ás recomendacións do calendario vacunal de cada país, para que os pais só teñan que recorrer ao seu teléfono móbil para saber cal é a próxima vacina que lle corresponde ao seu fillo.


A aplicación está dispoñible para dispositivos con sistema operativo iOS e Android, e os primeiros países en probar a aplicación serán Estonia, Hungría e Romanía, onde se poderá descargar durante a Semana Europea da Vacinación que se celebra do 22 ao 26 de abril.


Os pais que queiran utilizala só terán que introducir a idade do seu fillo e se presenta algún problema de saúde que deba ser tido en conta. A continuación, aparecen unha serie de avisos que alertan das próximas vacinacións do menor, con información completa sobre a vacina, as enfermidades das que protexe.


Ademais, está previsto que futuras actualizacións da 'app' permitan incluír información sobre outras vacinas opcionais ás que poden acceder estes menores, así como ampliar o seu uso a pacientes de máis idade (actualmente só está prevista para nenos de menos de 10 anos).


Sabemos que a comodidade é un factor importante para os pais que están tan ocupados e teñen doado esquecérselles se os seus fillos están correctamente vacinados. Por iso esta aplicación fará que sexa máis doado para os pais estar ao tanto das vacinas que necesitan os seus fillos con este sistema de recordatorios automáticos", explicou Robb Butler, do Programa de Enfermidades Prevenibles da OMS en Europa e un dos creadores desta aplicación. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal