Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Man protésica

A man protésica de 50 $ feita cunha impresora 3D que substituíu unha de 42.000

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/04/14 (09:10)

Un estadounidense de 53 anos, chamado Jose Delgado, cambiou a prótese da súa man esquerda por outra máis sinxela de plástico creada a partir dunha impresora 3D, segundo transmitiu 3Dprinter.


Jose Delgado naceu sen a súa man esquerda, polo que tivo que recorrer a distintas próteses ao longo da súa vida. Unha delas, estreada en 2013, custoulle máis de 42.000 dólares, que por sorte puido cubrir o seu seguro. Non obstante, hai pouco cambiouna por unha creada cunha impresora 3D.


A idea de cambiar de prótese foille ofrecida por un membro de 3Duniverse.org, Jeremy Simon, que, cunha impresora 3D, lle creou unha man artificial de plástico, dun modelo chamado 'Cyborg beast', que custou apenas 50 dólares.


A primeira reunión entre os dous homes estivo marcada polo escepticismo de Delgado que, non obstante, despois de probar a prótese de plástico, recoñeceu que, para a súa sorpresa, funciona mellor que a anterior.


O maior problema da prótese imprimida é o seu material: o plástico. Non obstante, o seu baixo custo permite imprimir de novo a prótese necesaria, por exemplo, ata 850 unidades antes de alcanzar o valor da man artificial valorada en 42.000 dólares. 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal