Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo UDIMA

Consellos para ter unha boa Identidade Dixital


  • Estes consellos foron elaborados polos alumnos do Máster en Mercadotecnia Dixital e Social Media da UDIMA e coordinado polo Profesor de "Xestión da Reputación Corporativa online", o Dr. Antonio Rodriguez Ruibal.

  • Achegar contido de calidade, ser participativo, coidar a imaxe ou ter presenza nas canles axeitadas son algún dos consellos que ofrecen os alumnos da UDIMA. 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/04/14 (10:31)

A UDIMA (Universidade a Distancia de Madrid) publicóu un decálogo no que se ofrecen unha serie de consellos co obxectivo de que os usuarios das redes sociais teñan unha boa reputación e identidade dixital.


Este traballo foi elaborado polos alumnos do Máster de Mercadotecnia Dixital e Social Media da UDIMA, programa formativo que pretende capacitar profesionais de primeiro nivel que necesitan implementar e desenvolver con éxito estratexias de mercadotecnia para chegar aos consumidores nos mercados actuais e a través dos novos medios dixitais.


Segundo o coordinador deste traballo, o profesor da materia "Xestión da Reputación Corporativa online", o Dr. Antonio Rodriguez Ruibal, "algunhas destas cuestións poden parecer obvias, pero en ocasións deixámolas pasar por falta de tempo, desinterese ou desinformación. O certo é que, no mundo dixitalizado que vivimos, ter unha identidade ou unha reputación boa na rede nos evitará moitos rompedeiros de cabeza".


Consellos para ter unha boa identidade dixital:



  1. Presencia e Actualización Sistemática: Facer actualizacións como mínimo unha vez por semana nas redes horizontais e nas verticais (podendo axudarnos de ferramentas de publicación automática como Botize, Hootsuite...). Débense crear perfís axeitados para cada unha das redes sociais nas que se vai interactuar, eliminando contas ou perfís que non se utilizan por falta de medios ou de tempo.

  2. Tener un blog persoal/corporativo. Actualizalo periodicamente ademais de agradecer e responder os comentarios. Compartir as actualizacións a través das RRSS e con sindicación de contidos. Sempre que sexa posible incrustalo na páxina web coma se se tratase dunha pestana máis. Difundir cada novo artigo que se publique nas respostas en foros ou comentar noutros blogs nos que se fale do asunto.

  3. Cuidar a imaxe mostrando transparencia e con contido orixinal. A comunicación ha de ser honesta, sen medo a admitir erros e usando fontes fidedignas. Se usas material de terceiros, recorda citar a autoría.

  4. Aportar contido de calidade. Participa en grupos e foros de debate relacionados co teu sector de actividade, pero non fales por falar, o que achegues é a túa insignia de identidade. Recorda que sempre podes incluír unha imaxe para atraer a atención da persoa que o lea e se queres xuntar imaxe e información, lánzache a crear unha infografía con algunha ferramenta gratuíta online. 

  5. Mantener unha actitude na rede activa, aberta, participativa e dar as grazas aos que opinan sobre as nosas publicacións. É importante ter ben atendidos aos nosos seguidores. Fidelizar é a clave. É máis difícil fidelizar a un cliente, que atraer a un novo.

  6. Respetar sempre a opinión dos que participan nos teus comunicados, estean ou non de acordo contigo. Xestionar ben unha crise é fundamental, polo tanto debes dar resposta mesmo cando lar críticas sexan desfavorables e mostrar a túa preocupación sincera cara aos motivos desa crítica.

  7. Identifica as canles apropiadas para o noso sector, segmentando axeitadamente ao público obxectivo. Executa as accións, publicacións e comentarios de acordo aos nosos obxectivos. Monitoriza os teus contidos e os da túa competencia para coñecer as túas vantaxes e desvantaxes e actuar en consecuencia. Analiza os resultados das accións para coñecer o impacto, repercusión, influencia e alcance dos nosos obxectivos.

  8. Tener en conta as regras de urbanidade dixital. Coidando a redacción e mantendo a atención do lector con palabras en grosa, ladillos e enlaces para que rompan a uniformidade do texto e xeren interese do lector cunha soa ollada.

  9. Permanecer atento ás novas redes e formas de difusión que poderían axudarnos para crear alertas sobre temas de interese que podemos utilizar posteriormente. Así mesmo, participar en publicacións de terceiros, realizando achegas construtivas que fortalezan a nosa imaxe dixital.

  10. Tener en conta que en internet a liña entre o privado e o público é moito máis delgada e calquera información que se publica, aínda que se trate dun contido privado, é susceptible de ser accesible por todos. 
Tema: Xeral
Fonte: UDIMA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal