Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Web da Amtega

O novo portal da AMTEGA facilita a difusión das iniciativas tecnolóxicas da Xunta dun xeito máis intuitivo


  • amtega.xunta.es ofrece un deseño máis atractivo e innovador, maior usabilidade e interactividade


  • A web ofrece unha maior integración entre os contidos do portal e os das redes sociais da Axencia coa incorporación na portada do blog Xente Dixital


  • As seccións Amtega Destaca! e Servizos TIC facilitan o acceso ás últimas novidades e aplicacións da Administración


  • No último ano o portal recibiu más de 140.000 visitas e conta con preto de 4.200 seguidores en Facebook e Twitter

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/04/14 (09:39)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a súa nova web, amtega.xunta.es, inspirada na cidadanía, con novas funcionalidades, máis contidos e cunha navegación máis intuitiva.


O novo portal da Amtega, cun deseño máis atractivo e innovador, maior usabilidade e interactividade, mantén o seu obxectivo de ser a canle de referencia para a comunicación, divulgación e promoción das diversas actividades que se realizan desde a Xunta de Galicia en materia de sociedade da información.


Nova organización de contidos


Para facilitar o acceso aos diferentes áreas de información os contidos estrutúranse por colectivos ou por temas. O acceso a través de epígrafes de colectivos conta con tres grandes grupos, cidadáns, empresas e administracións públicas, nos que se integra a información que pode ser de interese para cada un deles. Deste xeito os usuarios poden acceder a través dun único link aos datos e servizos relacionados co seu perfil e que doutro xeito terían que empregando máis tempo e esforzo de páxina en páxina. Con este sistema de navegación, centrado no usuario, afórrase tempo e evítase a busca da información por departamentos.


A información agrupada por temas aglutina nove áreas, Administracións Públicas, Ensino e Formación, Economía, Empresa e Emprego, Sanidade e Servizos Sociais, Xustiza, Xuventude, Cultura e Ocio, Telecomunicacións, Mar e Medio Rural e Territorio, Vivenda e Transporte. Cada unha delas integra a información sobre as iniciativas tecnolóxicas máis destacadas que a Administración está a desenvolver nese ámbito.


Novas seccións, máis interactividade


Amtega Destaca! e Servizos TIC, son dous novos apartados para que os usuarios accedan de xeito rápido aos últimos documentos ou temas de interese publicados así como ás aplicacións e servizos TIC que teñen a súa disposición.


Na procura dunha maior interactividade amtega.xunta.es destaca en portada os contidos do blog Xente Dixital, unha iniciativa da Amtega, que arrancaba en xuño do ano pasado para para achegar a todo o mundo as vantaxes das TIC dun xeito ameno e sinxelo. Tamén ocupan un lugar destacado as redes sociais, de xeito que están máis accesibles os últimos tweets publicados e as novidades en Facebook Flickr, YouTube e Issuu


Infografías e vídeos


O novo portal emprega máis infografías que facilitan a lectura e comprensión de informes, datos e estatísticas. Apóstase así pola creatividade, por unha representación máis atractiva da información, que resulta tamén máis dinámica e sinxela para os usuarios.


O portal incorpora tamén moitos máis contidos en vídeo e amplíanse tamén as páxinas nas que está dispoñible a opción de compartir información nas redes sociais, o que permite unha maior interactividade cos seus usuarios.


O Portal dispón dun buscador de noticias, eventos e documentos organizados por semanas. Coa nova versión, compatible cos navegadores máis utilizados, poderase compartir cada contido publicado nas redes sociais e subscribirse á canle RSS de novas


http://amtega.xunta.es/rss-noticias.xml


Visitas e redes sociais


O portal da Amtega comezou a súa andaina en 2009 como a web iMIT e foise consolidando como o espazo das iniciativas tecnolóxicas da Xunta nestes anos. En 2013 a web recibiu O 143.064 visitas e actualmente conta con preto de 1.900 seguidores en Facebook e 2.300 en Twitter. Nas próximas semanas a Amtega disporá tamén dun perfil propio na rede Linkedin, unha canle de uso profesional para facilitar as relacións cos profesionais e o sector TIC.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal