O Servizo Galego de Saúde ven de recibir un dos galardóns entregados en Sevilla no transcurso do VI Congreso Nacional de Atención Sanitaria ao Paciente Crónico e da I Conferencia Nacional de pacientes activos que se celebrou estes días en Sevilla. O premio corresponde á categoría ao mellor video polo traballo “SERGAS. Atención Primaria. Mariñeiro”. Trátase dun video realizado para a difusión da posta en marcha da consulta telefónica en toda a Comunidade Autónoma na atención sanitaria por parte dos profesionais sanitarios de atención primaria.
Dende o pasado 2 de decembro, todos os centros de saúde e consultorios, ofrecen a posibilidade de que os pacientes sexan atendidos telefonicamente polo seu médico de familia por un proceso novo. Isto está a permitir mellorar a accesibilidade da cidadanía galega ao sistema sanitario e evitará desprazamentos innecesarios. Así mesmo, con esta medida favorécese a implantación de sistemas organizativos que posibilitan consultas e revisións non presenciais por parte dos pacientes e das persoas coidadoras mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
Actualmente, este novo servizo ven de ser ampliado e dende o 9 de marzo o Sergas aumentou a consulta telefónica a todos os profesionais de Atención Primaria (pediatría, matronas, enfermería, traballo social...).
O vídeo explicativo que foi galardoado pode descargarse na páxina web oficial dende que se puxo en marcha a consulta telefónica no seguinte enderezo: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=50400
Así mesmo, o Servizo Galego de Saúde resultou finalista no premio da categoría de Proxectos de Investigación polo “Teleseguimiento no fogar do paciente con Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC) tras a alta hospitalaria”. Este programa que ten en marcha o Servizo Galego de Saúde estudia se a introducción do seguimiento mediante telemonitorización en pacientes con EPOC dados de alta despois dunha reagudización da súa enfermidade, asóciase a unha diminución dos reingresos, a unha menor utilización dos servizos de saúde e unha melloría da calidade de vida con respecto a atención estándar.
Este programa forma parte do Proxecto “United 4Health” no que está colaborando Galicia con outras rexións Europeas (Escocia, Gales, Norte e Sur de Noruega e Berlín).
Rexístrate como: