Recentemente púxose en marcha a nivel estatal un novo portal encamiñado a facilitar ás empresas a busca de traballadores. A web non pasaría á historia, estando como está o mercado en liña tan copado de espazos web e ferramentas que fan teoricamente máis doados os ditos procesos laborais, senón fose por algún pequeno detalle a ter en conta e cos que definitivamente o portal é quen de marcar as diferenzas. De feito, os responsábeis de Alotofus están a presentar o seu sitio como un espazo chamado a “revolucionar os procesos de selección e procura de emprego en España”. O servizo, creado en Bilbao da man de Boso Group, parte da seguinte pregunta: que facer cando literalmente nos é imposíbel atopar perfís axeitados para a nosa empresa?
Ou tamén: hai algún xeito de asegurar que unha persoa que envía un currículo é quen di ser e ten a formación e a experiencia e a dispoñibilidade que acredita? Para os creadores desta ferramenta, resulta moi común nestes tempos que vivimos que haxa desaxustes entre o PDF dun currículo e a realidade do candidato, cousa que só se constata ao final de cada proceso de selección, na entrevista persoal. Todos estes pasos a dar supoñen para os axentes ou entidades potencialmente contratadoras, en palabras dos creadores deste portal, “elevados custos de selección, a miúdo 10 veces superiores ao custo aparente de contratar a unha campaña en Infojobs ou Monster, por exemplo”.
O portal Alotofus, din, pon en xogo metodoloxías 2.0 para facilitar os devanditos procesos. O xeito de traballar do novo portal é o seguinte: captura a información curricular básica de Linkedin e Google, valida os coñecementos do candidato, rexistra os seus soft skills e establece así “un perfil completo e fiábel para ofrecerllo ás empresas contratantes”. Ademais, se o cliente desexa ter todo o control sobre o proceso de escolma, a ferramenta “compórtase como un recurso avanzado de selección que pode ser despregado no departamento de recursos humanos e na dirección técnica”. Noutro caso, a start-up ofrece un servizo externalizado de preselección de 5 candidatos en só 48 horas.
Lembrar que o pasado día 10 de marzo Alotofus publicou a súa versión beta 3 para o público español e en xuño farano no Reino Unido e Irlanda. Neste período a base de candidatos conta xa con máis de 1.500 usuarios e 70 empresas
Rexístrate como: