HelpUP é unha rede social de recente creación, cuxo obxectivo fundamental é axudar a difundir e facilitar o financiamento, doazón e participación voluntaria en proxectos solidarios.
Trátase de servir de "ponte entre a sociedade, as organizacións sociais e as empresas, interconectando a estas e xerando beneficios para todos", dando a coñecer á sociedade en xeral, proxectos e organizacións sociais que doutra forma, non teñen posibilidades de poñer en marcha campañas de captación de socios, voluntarios ou recursos.
Na páxina é posible acceder aos proxectos a través dun buscador ou ben a través de clasificacións en función da súa popularidade ou o número de voluntarios que conseguiron captar.
Rexístrate como: