O proxecto Virtual Forest é unha iniciativa dun Alheimer's Australia Victoria (unha organización destinada á prevención e apoio dos pacientes con esta enfermidade) que pretende mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer mediante unha parede virtual que mostra paisaxes coas que os pacientes poden interactuar utilizando o periférico de Xbox, Kinect.
O 'software' céntrase na perda de habilidades motoras e psicolóxicas dos pacientes de Alzheimer aos cales se pon diante dunha paisaxe virtual que vai cambiando en función das condicións atmosféricas e da estación do ano.
"(Virtual Forest) crea unha experiencia visual, auditiva e de interacción cinética completa", explicaba a CEO de Alzheimer's Australia, Maree McCabe á web australiana SBS.
Pero o obxectivo deste "xogo serio" non é substituír os paseos ao exterior dos pacientes, senón que teñan o control das súas accións, o que repercute positivamente na calidade de vida dos enfermos de Alzheimer.
"Usando a tecnoloxía dos videoxogos e as terapias sensoriais estamos intentado devolver á xente con Alzheimer as súas ganas de vivir", comentaba a doutora Tanya Petrovich.
O 'software' usa o periférico Kinect para captar os movementos dos pacientes e poder, por exemplo, cortar unha flor no bosque. Nos primeiros estadios do desenvolvemento do bosque virtual, utilizábase Kinect conectado a unha Xbox 360, pero, segundo avance o proxecto, os desenvolvedores planean levalo a Xbox One e utilizalo con Kinect 2.
Virtual Forest abriu unha campaña de 'crowdfunding' na web Pozible.com coa que espera recadar 90.000 dólares ata o día 16 de maio.
Rexístrate como: