Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Soporte para o terminal que incorpora un lector de textos

Samsung adapta o Galaxy Core Advance para os invidentes

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/03/14 (10:40)

Samsung decidiu ampliar a experiencia de uso de Galaxy Core Advance creando tres accesorios para adaptalo a persoas invidentes. Desta forma lanzou unha funda ultrasónica, un soporte con funcións de recoñecemento óptico de textos e unha etiqueta NFC para gravar notas de voz de forma rápida.


A funda ultrasónica colócase como unha funda normal enriba do 'smartphone', pero é capaz de recoñecer persoas e obstáculos a dous metros de distancia do usuario. Mediante vibracións avisa o usuario invidente da proximidade de posibles obstáculos para que poida camiñar máis doadamente pola cidade.


A empresa de tecnoloxía surcoreana tamén desenvolveu un soporte para o terminal que incorpora un lector de textos. Ao xuntar o 'smartphone' co 'gadget', automaticamente leranse en voz alta todos os textos (mesmo os contidos en imaxes) en canto o soporte detecte papel na súa base.


O último dos accesorios para o Galaxy Core Advance é 'Voice Label', unha etiqueta NFC coa que poder gravar notas de voz con recordatorios de xeito rápido e sincronizado co terminal.


O Galaxy Core Advance é un 'smartphone' cunha pantalla de 4,7 polgadas que incorpora un procesador de dous núcleos Krait cunha potencia de 1,2 GHz. Conta cunha memoria RAM dun giga e unha capacidade de almacenamento interno de 8 gigas, ampliables ata os 64 cunha tarxeta microSD. 

Tema: Xeral
Fonte: Samsung
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal