O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) superou esta semana as súas cifras de seguidores nas redes sociais con máis de 8.000 persoas. En Twitter conta con máis de 5.000, en Facebook rolda os 2.000, en YouTube, máis de 1.000 subscritores, e en LinkedIn ten unha rede de máis de 500 persoas.
A responsable de Comunicación de CENTAC, Aurora Bustelo anima a todos a seguir a CENTAC nas redes sociais para seguir sumando. "Debemos ser conscientes de que a discapacidade non é allea a nós, que nos vai afectar nalgún momento da nosa vida e, para iso, dende CENTAC insistimos en utilizar todas as vías de comunicación posibles para dar a coñecer que as tecnoloxías accesibles nos fan a vida máis doada", declarou.
CENTAC posiciónase nas redes como a referencia común para todos aqueles implicados no deseño e posta en marcha das Tecnoloxías da Sociedade da Información aplicadas á accesibilidade.
"Estamos moi contentos de que tantos usuarios nos apoien", asegurou Juan Luis Quincoces, director xeral de CENTAC. "Cada día é máis aceptado en todos os ámbitos o concepto de accesibilidade e CENTAC ten moito que ver con iso". Ademais, "a través das nosas redes sociais e da web, calquera pode seguir a actualidade informativa, mesmo en tempo real, participar, compartir e difundir calquera información que sexa útil para a maioría", explicou Quincoces.
Por último, Quincoces engadiu que "os que traballamos en CENTAC estamos cargados de enerxía positiva e dunhas ganas tremendas de traballar por un futuro mellor. Coas tecnoloxías é posible construír un mundo máis xusto e, sobre todo, máis doado para todos. Por que non nos subimos a ese mesmo barco da accesibilidade nas TIC? ".
Rexístrate como: