Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Os galegos Fernando Sierra e Luis Jiménez

A Fundación Compromiso e Transparencia sitúa a Doafund entre as iniciativas máis socialmente innovadoras do ano

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/03/14 (08:22)

Doafund, servizo de recadación de apoios para familias en risco de desafiuzamento, vén de ser incluído na listaxe das dez iniciativas sociais máis innovadoras que elabora cada ano a Fundación Compromiso e Transparencia, co fin de destacar as propostas tecnolóxicas máis salientábeis no eido da mellora da calidade de vida das sociedades nas que esas iniciativas se insiren. Lembrar que o servizo Doafund.com foi posto en marcha por dous galegos (Fernando Sierra e Luis Jiménez) para habilitar na Rede un acubillo onde apadriñar familias que estean a piques de perder os seus fogares.


A iniciativa galega foi seleccionada na devandita escolma por ser tido quen “de pór en contacto a persoas con dificultades para afrontar o pago da hipoteca con aquelas que poden facer achegas mediante as canles e os métodos de crowdfunding”. Como dixemos, a devandita Fundación recoñece cada ano as dez mellores iniciativas do momento en materia de innovación social, iniciativas que poñen de manifesto “o compromiso e o esforzo que en tempos críticos o sector público, o empresarial e o terceiro sector continúan a facer a prol do progreso e a mellora das súas contornas”. Segundo engade a entidade, Doafund é un exemplo do devandito, unha empresa social que xa logrou o pago de máis de oitenta hipotecas cun importe superior aso 35.000 euros.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal