Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Rehabilitación de membros superiores mediante realidade virtual

Innovadora rehabilitación de membros superiores mediante realidade virtual

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/03/14 (09:36)

O Centro de Investigación en Discapacidade Física (CIDIF) da Asociación de Parapléxicos e Grandes Discapacitados Fisicos (Aspaym) de Castela e León, situado en Valladolid, en colaboración coa empresa Indra, o Hospital de Nacional de Parapléxicos de Toledo e outros dous centros de investigación nacionais, poñerá en marcha un proxecto de investigación cuxo fin é aplicar as tecnoloxías da información e a comunicación no campo da rehabilitación.

En concreto, o proxecto consiste no desenvolvemento dun sistema para a rehabilitación de membros superiores mediante realidade virtual e sensores inerciales. Como detallou Juan Azael Herrero, director do CIDIF, trátase de captar, mediante unha consola, o movemento dos pacientes, " unha terapia que se podería levar a cabo a nivel domiciliario tendo en conta que unha consola deste tipo é doada de adquirir por calquera usuario".

Neste sentido, a través do proxecto optimizaranse os protocolos para producir melloras nestes pacientes na rehabilitación do membro superior e conseguir así "que teñan unha maior autonomía á hora de usar os brazos nas súas actividades da vida diaria". Esta terapia está dirixida a aqueles pacientes que sofren calquera alteración na mobilidade do membro superior principalmente como consecuencia de ter sufrido un ictus, patoloxía que se converteu na primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes ao longo dos últimos anos.

A fase experimental do proxecto, que se levará a cabo durante os próximos meses, pretende crear un sistema apto para o uso diario en sesións rehabilitadoras. Para iso, unha mostra composta por entre 15 e 20 pacientes realizará diferentes exercicios, de forma que se conclúa cales son aptos e cales non. "O CIDIF será o centro de referencia en España na aplicación desta terapia en persoas con ictus", apuntou Herrero.

Tanto esta investigación coma outras dúas xa concluídas polo CIDIF presentáronse hoxe no marco dunha visita institucional do conselleiro de Sanidade, Antonio María Sáez Aguado, ao centro. A primeira destas investigacións xa finalizadas oriéntase a un problema que teñen as persoas con discapacidade física usuarias de cadeiras de rodas como é a dor de ombro, unha causa de diminución da independencia destas persoas. Neste sentido, o director do CIDIF detallou que "se realizaron investigacións con aplicación de electroestimulación puntual muscular", "por medio de vibracións combinadas con terapias de frío ou calor, desenvolvendo protocolos máis efectivos para diminuír a dor de ombro,".

A segunda investigación "dirixiuse a estimular o rego sanguíneo e a activación muscular en persoas que non poden mover as pernas". Mediante a combinación de electroestimulación e a sincronización con plataformas vibratorias, os investigadores observaron "efectos crónicos interesantes como o aumento da masa muscular ou o aumento do grosor das arterias en persoas con lesión medular, algo que sen dúbida permite incluír este tratamento dentro da rehabilitación habitual de persoas con lesión medular,". Tanto neste como no anterior campo de investigación, "o CIDIF é pioneiro en España e a nivel internacional en aplicar estas terapias a persoas con ictus e lesión medular".

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade subliñou que o centro valisoletano é un exemplo de investigación translacional, "trasladando a investigación á práctica clínica como é o caso da rehabilitación de pacientes".

Tema: Xeral
Fonte: Clúster Saúde
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal