Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Audífonos para iPhone

ReSound LiNX, os primeiros audiófonos para iPhone para persoas con problemas de audición

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/02/14 (09:24)

A firma danesa GN Resound anunciou onte pola noite en Nova York ReSound LiNX, os primeiros audiófonos para iPhone, creados para axudar a paliar o estigma que rodea ao uso de audiófonos.


Os audiófonos LiNX para persoas con deficiencias auditivas están perfectamente integrados co sistema operativo iOS 7. Coa súa axuda, os usuarios poden falar normalmente por teléfono, facer videollamadas a través de FaceTime e escoitar música con son estéreo de alta calidade.


Ademais, os usuarios poden acceder doadamente a funcións de axuda para mellorar a audición, integradas no propio dispositivo, con só facer triplo clic no botón Inicio do iPhone. Entre estas funcións, controladas pola 'app' ReSound Smart para iPhone, inclúense o axuste de volume, o control da duración da batería ou a opción Live Listen que utiliza o propio micrófono do iPhone como micrófono direccional para colocar sobre unha mesa ou para entregalo a outra persoa e poder oír así o que din directamente a través dos audiófonos que leva o usuario.


O día 26 de febreiro, se mostarán os audiófonos LiNX no Mobile World Congress (MWC) no Pavillón de Noruega, organizado por Innovation Norway, no posto 6 H 20. 

Tema: Xeral
Fonte: PortalTIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal