Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Servizo Multicanle de Información e Atención ao coidador non profesional de Cruz

Cruz Vermella lanza a liña gratuíta 900 365 100 de atención a coidadores non profesionais


  • O servizo de atención ao coidador non profesional pretende informar e orientar sobre como atender ás persoas maiores e/ou en situación de dependencia.

  • Unha axeitada xestión dos coidados evita problemas de depresión, estrés, ansiedade, fatiga e molestias corporais de diferente índole.

  • As principais dificultades dos coidadores xéranse pola ausencia de apoios e axudas para desempeñar o seu labor e autocoidarse. 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/02/14 (08:56)

Durante as últimas décadas aumentou considerablemente a esperanza de vida das persoas maiores. Moitas destas persoas teñen dificultades para satisfacer de xeito independente as actividades da vida diaria, pasando a depender de terceiras persoas, consolidándose así a figura do coidador non profesional.


Os coidadores non profesionais reciben dende hai anos un apoio cada vez máis crecente de Cruz Vermella. O devandito apoio vese incrementado agora coa posta en marcha dun Servizo Multicanle de Información e Atención ao coidador non profesional. Este servizo de atención telefónica e vía internet está dirixido ás persoas maiores, en situación de dependencia e aos seus coidadores non profesionais, ofrecéndolles información e orientación sobre recursos relacionados coa prevención e a atención en situacións de dependencia.


Segundo o Instituto Nacional de Estatística, os coidadores dedican ao día unha media de 8 horas, ou máis, ao coidado dunha persoa dependente. O principal esforzo lévallo o vestir, espir, asear ou duchar a persoa e séguenlle facer a comida, a compra e limpeza do fogar e tres de cada catro coidadores non profesionais en España, son mulleres entre 45 e 64 anos que reside no mesmo domicilio que a persoa que recibe os coidados.


Os problemas de saúde que máis comunmente repercuten nos coidadores son o cansazo físico, percepción da propia deterioración da saúde e a depresión, que nunha alta porcentaxe é necesario recibir tratamento para poder soportala. O 64% por cento de coidadores asegura ter reducido a súa vida de ocio.


O teléfono de atención do Servizo estará dispoñible de luns a venres (agás festivos) de 09:00 a 21:00 horas na liña gratuíta 900 365 100 e na páxina web www.sercuidador.es.

Tema: Xeral
Fonte: Cruz Roja Española
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal