Apple está a desenvolver un dispositivo capaz de predicir ataques do corazón a través dun sistema de escoita do torrente sanguíneo. Non obstante, os proxectos de Apple non só están orientados cara ao sector da saúde senón tamén cara ao automobilístico e, en concreto, con Telsa Motors, segundo informaron fontes da compañía ao diario San Francisco Chronicle.
A monitorización de constantes relacionadas coa saúde parece que é un dos principais obxectivos dos de Cupertino de cara ao seu próximo dispositivo ponible, que será de pulseira segundo apuntan moitos medios. En 2011 Apple contratou o enxeñeiro Tomlinson Holman, inventor do sistema de son THX e o envolvente 10.2, e que na actualidade de encontra desenvolvendo novas tecnoloxías acústicas coa compañía.
En concreto, o novo sistema de Holman permitirá escoitar o fluxo sanguíneo do sistema cardiovascular. Este mecanismo estaría implantado no mencionado dispositivo de pulseira, coa intención de que o usuario o levase sempre posto e así poder detectar e previr un ataque cardiovascular.
Para ler a noticia completa pica aquí.
Rexístrate como: