Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Estudo "Estado da Arte en Envellecemento Activo e Tecnoloxías da Información e a

Un estudo de Áliad confirma o risco de exclusión social dos maiores en Europa


  • A presidenta da compañía indicou que o continente 'terá que fortalecer as habilidades dixitais dos seus cidadáns se quere aumentar a súa competitividade económica fronte a outras potencias e mellorar a inclusión social da cidadanía' 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 14/02/14 (08:29)

Áliad, referente español e europeo en servizos da saúde, acaba de informar sobre as primeiras conclusións do estudo "Estado da Arte en Envellecemento Activo e Tecnoloxías da Información e a Comunicación" que ampla a análise da exclusión dixital e confirma que está a aumentar nos últimos anos e que afecta a aquelas persoas, principalmente maiores, que non se benefician do uso das TIC. O estudo enmárcase dentro do proxecto Seacw (Ecosistema Social para o Envellecemento, a Capacitación e o Benestar) financiado, dende 2013, polo Programa CIP - ICT-PSP da Comisión Europea e que se dirixe a dúas grandes prioridades da sociedade: o envellecemento activo e saudable e a extensión social das competencias dixitais.


Estímase que, para o ano 2050, por primeira vez na historia as persoas maiores de 65 anos dobrarán aos menores de 15 da Unión Europea. É por iso que neste contexto preocupa aínda máis que non exista aínda ningún ecosistema dixital que inclúa ao mesmo tempo envellecemento activo e inclusión social.


A presidenta de Áliad, Ana María Rodríguez de Viguri, indicou que "Europa terá que fortalecer as habilidades dixitais dos seus cidadáns se quere aumentar a súa competitividade económica fronte a outras potencias e mellorar a inclusión social da cidadanía". Por este motivo, Rodríguez de Viguri explicou que Seacw permitirá desenvolver un sistema acreditado con acceso directo ás ferramentas necesarias para a promoción do envellecemento activo, así como para a mellora na formación dos axentes de inclusión social. 


Tamén, e dentro deste proxecto, Áliad está a realizar un estudo Delphi: "Escenarios de futuro en materia de Envellecemento e Tecnoloxías da Información e a Comunicación" co obxecto de ampliar a información do Estudo do Estado da Arte, a través dun cuestionario no que participaron un total de 76 expertos de prestixio internacional nos ámbitos de saúde, tecnoloxía e inclusión social.


O método Delphi é empregado en ciencias sociais para tratar de crear unha visión experta sobre posibles escenarios futuros en diversos ámbitos. Esta información resulta de grande interese para as autoridades públicas, xa que permiten establecer accións de mellora e analizar se as políticas formuladas ata o momento, como, por exemplo, sobre o envellecemento poboacional, darán resposta a determinadas problemáticas futuras.


Por último, o traballo de Áliad culmina coa elaboración dun marco de competencias para Axentes de Inclusión Social promotores do Envellecemento Activo a través das TIC. Consiste en establecer as características formativas necesarias e os requisitos para este novo tipo de profesionais, que, aseguran dende Áliad, sen lugar a dúbidas, "terán moita relevancia nas próximas décadas". Para iso, vaise loitar pola creación dunha nova acreditación denominada "especialista no envellecemento activo e saudable por medio das TIC".


Acerca de Seacw


En 2013, Áliad puxo en marcha o proxecto Seacw xunto cun consorcio de oito socios de cinco países europeos (Bulgaria, Francia, Italia, Malta e España), formado por pemes, universidades e entidades sen ánimo de lucro. En España, traballa coa Universidade Carlos III de Madrid e a Universidade de VIC.


Seacw é un proxecto financiado polo Programa CIP - ICT-PSP da Comisión Europea, que finalizará en febreiro de 2015, e que se dirixe a dúas grandes prioridades da sociedade europea: o envellecemento activo e saudable e a extensión social das competencias dixitais.


O ecosistema diríxese a tres grupos clave: axentes de inclusión social, persoas maiores e a sociedade en xeral. 

Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal