Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
e-Administración no concello de Cerdido

Os veciños de Cerdido poden realizar trámites do Concello por Internet

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/02/14 (09:30)

Os veciños do concello de Cerdido xa poden realizar boa parte dos trámites a través de Internet. O Concello ven de poñer en marcha a administración electrónica, sen papel, accesible a través oordenador, cos datos do DNI ou o certificado electrónico. Os servizos dispoñibles mediante esta vía son a consulta do estado dun trámite administrativo ou dun expediente, ou a obtención do volante de empadroamento.


Tamén se poden realizar «unha serie de trámites telemáticos regulados» e presentar «calquera outra instancia ou solicitude» desde este novo rexistro virtual. Con esta iniciativa, o Concello de Cerdido cumple o fijado pola Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos.

Tema: Xeral
Fonte: La Voz de Ferrol
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal