Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Aula TIC PYMEs

A Aula Tic-Pemes da USC forma a persoas con discapacidade a través do proxecto ‘Abrimos unha ventana ao mundo para TI(C)’

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/02/14 (08:32)

A Aula Tic-Pemes da Universidade de Santiago de Compostela formará no eido das tecnoloxías da información e da comunicación a persoas con discapacidade intelectual a través do proxecto ‘Abrimos unha ventana ao mundo para TI (C)’, un programa que conta con financiamento da Fundación La Caixa e que será desenvolvido por voluntarios previamente seleccionados no campus lugués.

As distintas actividades programadas ao abeiro desta iniciativa promovida pola Aula TIC-Pemes da USC comenzarán a desenvolverse este mércores 5, a partir das 19.20 horas, nunha das aulas de informática da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo.

O proxecto ‘Abrimos unha ventana ao mundo para TI(C)’ é un nova actuación promovida pola Aula TIC-Pemes da USC no eido da responsabilidade social, un campo no que xa ten desenvolvido outras accións, tamén dirixidas a colectivos en risco de exclusión.

Tema: Xeral
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal