Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
APSIS4all: Caixeiros automáticos accesibles

Caixeiros automáticos accesibles: Queres probalos ou colaborar?

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/02/14 (09:16)

APSIS4all é un proxecto liderado de Technosite e 'a Caixa' para facer máis accesibles os caixeiros automáticos (e outros terminais públicos), e solicita colaboración de persoas con discapacidade para probar os novos caixeiros de Madrid e Barcelona e ofrecer as súas suxestións de mellora.


Os novos caixeiros non requiren introducir a tarxeta no lector, pois abonda con achegala ao caixeiro. Así mesmo, o programa informático é moito máis sinxelo e personalizable.


Fai clic aquí para solicitar unha tarxeta e ofrecer as túas suxestións.


APSIS4all son as siglas de Accessible Personalised Services in Public Digital Terminals for all, un proxecto dirixido a superar barreiras de accesibilidada través da personalización de terminais de uso público, como os caixeiros automáticos e as máquinas expendedoras de tíckets. Se trata de que estes dispositivos se adapten ás necesidades e preferencias de cada cliente, permitindo novas formas de interacción a través de tarxetas contactless ou teléfonos móbiles.


O proxecto está liderado por Technosite, empresa de Fundación ONCE, e conta coa participación de 12 socios de 7 países da Unión Europea. A experiencia piloto de APSIS4all en España estase a desenvolver en Madrid e Barcelona, e está coordinada por "a Caixa" coa colaboración de Barcelona Dixital e Technosite. 


Unha ferramenta online permite recoller as necesidades e preferencias dos usuarios no uso de caixeiros


A ferramenta online, desenvolvida por Technosite, permite ao usuario establecer as súas necesidades e preferencias á hora de manexar un caixeiro automático, respondendo a un breve cuestionario que o guía a través do proceso. Durante o proceso, a ferramenta mostra unha previsualización indicando cal será o aspecto da interface do caixeiro e a súa funcionalidade baseándose na selección que fai o usuario, de forma que este poida determinar cal é a mellor solución para as súas necesidades. Unha vez finalizado o cuestionario, a ferramenta almacena o perfil do usuario de forma que os caixeiros automáticos despregados no proxecto por "a Caixa" poidan adaptarse ás súas necesidades en próximos usos.


A ferramenta foi desenvolvida en diferentes fases e contou coa colaboración activa de usuarios con diferentes perfís, incluíndo persoas con e sen discapacidade, persoas de idade avanzadas ou non familiarizadas coa tecnoloxía, que avaliaron e achegaron suxestións de mellora. Isto permitiu que a ferramenta fose avaliada de xeito excelente polos usuarios que a probaron (máis de 80 puntos sobre 100). Isto non só implica a súa satisfacción coa solución proposta, senón que apoia a idea de que a participación activa dos usuarios permite mellorar a tecnoloxía desenvolvida. 


Caixeiros automáticos con interfaces adaptados ás necesidades dos usuarios


Os novos caixeiros automáticos accesibles e personalizados que 'a Caixa' desenvolveu no contexto de APSIS4all permiten que o cliente acceda ao caixeiro mediante unha tarxeta contactless, que permite identificarse achegándoa a un lector e sen ter que introducila nunha rañura. Este primeiro xesto, que xa supera barreiras de accesibilidade para algúns perfís de usuario, dá paso á interacción cun interface personalizado segundo as preferencias que o usuario indicou previamente na ferramenta online. Por exemplo, disponse dun avatar que se expresa en lingua de signos, así como dun lector de pantalla que le as diferentes operativas mostradas. Estas opcións poden ser de especial utilidade para persoas xordas e persoas cegas respectivamente.


Como podo usar os caixeiros automáticos de APSIS4all?


Actualmente, 'a Caixa' despregou a solución APSIS4all en máis de 1.000 caixeiros automáticos en Barcelona e Madrid. Se queres usar estes caixeiros coa solución APSIS4all só debes seguir os seguintes pasos:



  1. Regístrate na ferramenta online de personalización, e indica as túas necesidades e preferencias. Na Web de "a Caixa" podes aclarar todas as túas dúbidas.

  2. Los caixeiros automáticos habilitados con APSIS4all están dispoñibles para clientes de "a Caixa". Se aínda non es cliente de "a Caixa", poderás facerche cliente en calquera momento do proceso. Unha vez que remates o cuestionario, debes enviar as túas preferencias a "a Caixa" e solicitar unha tarxeta nova. Recibirás a tarxeta na casa ou na túa oficina de "a Caixa". Esta tarxeta conterá todas as preferencias de uso de caixeiro que indicase.

  3. Para usar a túa nova tarxeta só terás que ir aos caixeiros automáticos habilitados con APSIS4all en Madrid ou Barcelona, e activalos achegando a túa tarxeta a un lector, sen necesidade de inserila nunha rañura. A interface da pantalla mostrará automaticamente os menús e a información de acordo ás túas preferencias. Que o desfrutes!

Para saber máis sobre o proxecto APSIS4all e como participar nel, envía un email a  soporte@apsis4all.eu

Tema: Xeral
Fonte: Aspace
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal