Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Conto "O parruliño feo" en pictogramas

O portal pictoaplicaciones.com acaba de publicar 'O parruliño feo' en pictogramas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/02/14 (08:45)

O portal pictoaplicaciones.com acaba de publicar 'O parruliño feo' en pictogramas, o seu terceiro conto accesible (pictocuento), que se une aos xa publicado ' Carapuchiña vermella' e 'Riciños de ouro', e que nesta ocasión vén con dous niveis de dificultade en función da competencia lingüística do lector e dispoñible en dous idiomas: español e catalán.


Ao igual que en anteriores pictocuentos, esta nova publicación é libre e gratuíta, e dispón da posibilidade de descargar a versión PDF imprimible e a inclusión no final da historia, dunha actividade complementaria con preguntas variadas tipo quiz acerca do conto.


Os pictogramas poden ser modificados nas opcións do conto, para mostralos a un maior tamaño e gañar en visibilidade, posicionar o texto con respecto ao pictograma para adecuarse ao uso habitual do neno, elixir se se desexa ver en maiúsculas ou minúsculas incluíndo as palabras escritas que van no interior dos pictogramas, poñer o bordo dos pictogramas en cor para diferenciar as categorías de palabras, elixir entre 6 tipos de fontes diferentes, dar a posibilidade de mostrar ou ocultar a frase que vai sobre a pantalla de animación, etc... 

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal