Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Linkedin for volunteers

LinkedIn estrea unha ferramenta para poñer en contacto a voluntarios e ONG

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/01/14 (08:15)

A rede para profesionais LinkedIn estreou unha nova ferramenta que permite poñer en contacto organizacións sen ánimo de lucro (ONG) e voluntarios. Deste xeito, os voluntarios poden facer uso desta ferramenta da rede social para buscar as ONG que máis se adapten ao seu gusto e que necesiten das súas destrezas.


'Similarity' ('parecido' en castelán) é o nome desta nova ferramenta que permite filtrar os usuarios sobre a base das necesidades que busquen as ONG. A partir de agora, os usuarios de LinkedIn poderán encontrar entre as ofertas da rede social a oportunidade que estaban a buscar para realizar labores sociais.


A nova utilidade de LinkedIn está especialmente enfocada a estudantes que busquen potenciar as súas habilidades e conseguir a cambio experiencia profesional que poderán acreditar nos seus currículos, pero tamén a xubilados ou calquera persoa cun pouco de tempo libre que queira colaborar con algunha causa social.


Segundo a web de LinkedIn, un 82 por cento dos usuarios da rede social queren facer voluntariado ofrecendo os seus coñecementos e o seu tempo, aínda que de momento, só están dispoñibles ofertas de voluntariado en Estados Unidos. 

Tema: Xeral
Fonte: europapress
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal