Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Robot híbrido de asistencia á marcha

España deseña robots vestibles para recuperar a marcha

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 09/01/14 (09:20)

Christopher Reeve, o actor que deu vida a Superman, popularizou hai anos o Lokomat, un robot articulado para axudar a recuperar o movemento dos lesionados medulares. Sete anos anos despois prepárase unha nova xeración de enxeños mecánicos destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Son os denominados robots vestibles e exoesqueletos que se adaptan ao corpo do paciente e que lle axudan a camiñar á vez que estimulan o seu esforzo. Na vangarda desta tecnoloxía encóntrase o Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, que desenvolve varios modelos presentados na Real Academia de Enxeñaría, en colaboración co Centro de Automática e Robótica do CSIC e a Universidade Politécnica de Madrid.


H1 é un dos prototipos, é un robot híbrido de asistencia á marcha en cuxo desenvolvemento participa Antonio del Ama, un enxeñeiro que traballa no hospital de Toledo. «Polo feito de traballar aquí -explica- teño o problema presente todos os días, o que te permite identificar máis claramente os problemas que hai que solucionar nos pacientes e como facelo. O robot combina o uso de neuroprótesis motoras baseadas na estimulación eléctrica dos músculos, o que induce á restauración da función motora, cun exoesqueleto que compensa a xeración limitada de forza dos músculos estimulados e proporciona un soporte adicional para o corpo. Esta terapia de marcha ambulatoria é potencialmente máis eficaz para a recuperacións das funcións da medula espiñal en lesións incompletas que os tratamentos convencionais, robóticos habituais ou neuroprotestásicos. Estamos a probar o concepto -di Ama- e a nosa idea é realizar un ensaio clínico en diferentes hospitais de toda España».


Juan Camilo Moreno, do CSIC, presentou outro prototipo de exoesqueleto para a rehabilitación do membro inferior que permite monitorizar o funcionamento do sistema nervioso do paciente. 

Tema: Xeral
Fonte: Clúster Saúde de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal