Conforme ao acordo adoptado polo Padroado da Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social de Persoas con Disc apacidade en data 18 de decembro de 2013, o prazo para a presentación á Fundación ONCE das solicitudes de axudas económicas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade para o exercicio 2014 queda establecido:
- Con carácter xeral, entre o día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado e o 30 de xuño de 2014, ambos os dous inclusive, para todas as solicitudes de axuda encadrables nos distintos programas desta Fundación, podendo consultarse os requisitos de tramitación das axudas, na seguinte dirección de internet:
http://www.fundaciononce.es/ES/AmbitosActuacion/ProyectosSolicitudes/Paginas/Inicio.aspx.
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes a través do correo electrónico convocatoriaproyectos2014@fundaciononce.es ou ben directamente ou por correo postal na sede da Fundación ONCE, sita en rúa Sebastián Herrera, número 15, 28012 Madrid.
Rexístrate como: