Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Sistema robótico de axuda a persoas dependentes en ámbitos domésticos

Un robot de baixo custo asiste a persoas nos seus domicilios


  • O prototipo utiliza algoritmos baseados en intelixencia artificial, é móbil e pódeno instalar de forma sinxela os coidadores.

  • O obxectivo final é que o robot se compre ao mesmo prezo que un electrodoméstico 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/01/14 (09:28)

Un equipo de científicos das universidades de Sevilla, Huelva, Córdoba e Extremadura deseñaron un robot de baixo custo destinado á vixilancia de persoas maiores ou discapacitadas. Trátase dun sistema robótico que axuda a persoas dependentes en ámbitos domésticos intelixentes, espazos están dotados de sensores e actuadores ambientais que axudan ao usuario.


A innovación do robot, aínda en fase de prototipo, é a súa autonomía á hora de navegar. "As súas capacidades cognitivas permiten que o robot comprenda e execute ordes do usuario. Por exemplo, se se lle pide que vaia a un sitio, o robot busca o camiño adecuado para chegar por si mesmo", detalla Neves Pavón, investigadora do proxecto na Universidade de Huelva.


Ademais dos algoritmos de intelixencia artificial que aumentan a autonomía, outra das vantaxes é a redución do custo. "Ata agora, os deseños robóticos resultan máis custosos porque requiren cables, instalación de cámaras ou dispositivos de domótica, que implican facer, obras no edificio onde van actuar", explica.


Os investigadores propoñen unha instalación sinxela, que poida acometer o propio coidador. Isto reduce o custo do prototipo, que conta con medio metro de altura e uns 7 quilos de peso. "O obxectivo final é que o robot se compre ao mesmo prezo que un electrodoméstico, entre 500 e 1.500 euros, porque se lle poden engadir extras. Mesmo exploramos que se poida alugar por un tempo", adianta. 


Funcionamento do dispositivo


Os científicos desenvolveron experimentos nos que o robot se comunica cunha rede inarámica de sensores para realizar tarefas de posicionamento. Deste modo, navega de forma autónoma a través do fogar dunha persoa para acometer tarefas de vixilancia do estado da persoa dependente. O coidador pode comunicarse co robot a través de dispositivos móbiles e controlalo de forma remota se é preciso. O seguinte paso é complementalo con sensores ambientais para mover portas ou desprazar obxectos.


Para iso, un software permite ao robot entender onde se encontra. Os investigadores construíron un mapa de onde está e a plataforma robótica vai aprendendo os percorridos da casa, mediante algoritmos baseados en intelixencia artificial. "Ensínaslle, acompañándoo, a que percorra o mapa, recoñeza as características do ámbito e logo faino só", precisa.


Tanto a estratexia de posicionamento no mapa coma a construción deste baséanse no uso de técnicas combinadas de intelixencia computacional e teoría probabilística. "A primeira consiste en aplicar técnicas que intentan imitar certos comportamentos da natureza, como por exemplo, o comportamento humano. Pola súa banda, a teoría probabilística céntrase, a grandes trazos, en proporcionar modelos matemáticos que permiten manexar a incerteza que sempre existe á hora de tomar decisións", explica.


Ademais, para facer máis robusto o robot, os investigadores analizaron nun artigo publicado en Concurrency and Computation: Practice and Experience, distintos métodos para detectar e describir un conxunto de puntos de interese (puntos clave) dunha imaxe en tempo real.


Os expertos traballan agora en experimentos que simulan como funcionaría o robot nun domicilio. O seguinte paso é configurar un prototipo máis robusto para probar nunha residencia ou varias vivendas coa idea de comprobar a aceptación do usuario.


O robot desenvolveuse no contexto dun proxecto liderado polo investigador Joaquín Ferruz Melero, do Grupo de Robótica, Visión e Control da Universidade de Sevilla. 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Descubre
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal