Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Titora da Plataforma Psiconnect

Unha plataforma para comunicar médicos, coidadores e pacientes con problemas psiquiátricos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 17/12/13 (08:22)

A psiquiatría é unha especialidade na que as TIC aínda non están moi presentes, malia ter un gran potencial de aplicación. Por iso, o alumno da Universidade de Valladolid Diego Velasco Morejón desenvolveu unha plataforma software cuxo fin último é a comunicación entre persoal médico, coidadores e pacientes con problemas psiquiátricos. O proxecto, denominado Psiconnect, obtivo unha das bolsas da quinta edición do programa Prometeo de la Universidad de Valladolid, cuxo obxectivo é protexer resultados de proxectos e prototipos innovadores desenvolvidos por alumnos da Institución académica.


A titora do traballo, a profesora do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións e Enxeñaría Telemática Isabel de la Torre Díez, explica en palabras recollidas por DiCYT que hoxe en día "moitas persoas teñen problemas psiquiátricos como depresións ou problemas de esquizofrenia", e non obstante a psiquiatría "é unha especialidade onde apenas existen plataformas sociais".


De aquí a idea de desenvolver Psiconnect, unha plataforma online "destinada á comunicación entre os psiquiatras, os coidadores e os propios pacientes de forma directa, a distancia e compartindo todo tipo de información e recursos relativos á psiquiatría".


"Trátase de prestar un servizo de comunicación nun sector como é o da psiquiatría onde unha plataforma deste tipo é moi necesaria. Ademais é unha ferramenta que, utilizada nunha organización, pode ser de grande utilidade tanto para o persoal médico coma para o paciente e cunha gran proxección de futuro", asegura. La plataforma, disponible tanto para dispositivos fijos como móviles, tiene como fin último aportar “comodidad y efectividad” a los usuarios, permitiendo la consulta de segundas opiniones médicas, la solución de dudas a distancia tanto entre personal sanitario como entre los propios pacientes, e incluso el diagnostico y tratamiento a distancia.

"A plataforma posibilita tanto facer terapias online como un seguimento directo dos pacientes con problemas psiquiátricos. Entre os servizos que se ofrecen hai noticias, onde o persoal médico pode compartir publicacións; unha sección de recursos, na que se poden compartir libros ou artigos tanto en versión online como física, unha serie de foros de discusión, mensaxería, chat e videollamada, de forma que se poden realizar terapias online a través da plataforma en calquera dispositivo fixo ou móbil", precisa.


Como apuntou a titora, sobre a base deste traballo o alumno que levou a cabo a plataforma, Diego Velasco Morejón, encóntrase actualmente en Reino Unido traballando nun proxecto de desenvolvemento de software, en concreto no ámbito das aplicacións móbiles.


Protección de resultados


Un total de 11 iniciativas desenvolvidas por alumnos protexéronse mediante patente ou rexistro da propiedade intelectual na quinta edición do programa de bolsas Prometeo de la Universidad de Valladolid, cuxo fin último é a protección de proxectos innovadores desenvolvidos por alumnos da Universidade. Do total de 11 proxectos seleccionados, seis (tres do Campus de Valladolid, dous do Campus de Segovia e un do Campus de Palencia) correspóndense con software e foron inscritos no Rexistro de Propiedade Intelectual; mentres que cinco (catro do Campus de Valladolid e un do Campus de Palencia) son traballos protexidos mediante patente.


Cada unha das bolsas Prometeo está dotada de 500 euros (no caso dos software) e de 1.000 euros (no caso das patentes). Ademais da protección dos traballos, os alumnos reciben formación específica en materia de propiedade industrial e intelectual. O programa de bolsas Prometeo forma parte do Proxecto de Transferencia de Coñecemento Universidade-Empresa (T-CUE), financiado pola Xunta de Castela e León no marco da Estratexia Universidade-Empresa 2008-2013, e coordinado pola Fundación Universidades e Ensinanzas Superiores de Castela e León (Fuescyl). 

Tema: Xeral
Fonte: DICYT
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal