Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Escola online sobre TDAH

Nace a primeira escola ‘online’ para pais con fillos con déficit de atención

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/12/13 (10:05)

Fundación Mapfre e a Fundación Educación Activa presentan en Madrid a primeira escola 'online' para pais con fillos con Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). A iniciativa pretende proporcionar a pais e profesionais información relevante sobre o trastorno e o seu tratamento, para así mellorar a calidade de vida destas persoas e do seu ámbito.


O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) afecta no noso país a entre o 5 e 8 por cento dos menores de idade, e a entre o 3 e 5 por cento da poboación adulta.


A Fundación Educación Activa, pioneira en España na atención ao TDAH, puxo en marcha, grazas ao apoio da Fundación Mapfre, a primeira escola 'online' dirixida a pais e profesionais que interactuar con nenos que sofren este trastorno. Desenvolvida de forma altruísta polo doutor Russell Barkley, catedrático de Psiquiatría Clínica da Universidade de Medicina de Carolina del Sur e experto en TDAH, a web ofrece información completa para que pais, médicos e educadores aprendan pautas que contribúan a un mellor tratamento e convivencia con este.


A plataforma pon a disposición destas persoas 20 cursos gratuítos desenvolvidos polo doutor Barkley, ademais de numerosas conferencias científicas con información actualizada e precisa sobre o TDAH.


Esta escola forma parte do programa de apoio 'Escuela de Bienestar', cuxa finalidade é mellorar a calidade de vida das familias que teñan algún familiar con minusvalidez, a través do apoio psicolóxico, a educación e o asesoramento. O proxecto deuse a coñecer na 'XI Xornada sobre Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade', celebrada no Hospital Clínico San Carlos, e na que participaron renomeados especialistas en psiquiatría e en neuropsicoloxía. 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Activa
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal