Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Contos pola integración

Fundación ONCE presenta unha colección de contos dixitais protagonizados por nenos con discapacidade


  • O obxectivo é sensibilizar aos máis pequenos a través das aventuras dos seus protagonistas.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/12/13 (09:48)

Fundación ONCE presentou o pasado venres na súa sede unha colección de contos infantís dixitais accesibles nos que cada personaxe é un neno/a cunha discapacidade co obxectivo de sensibilizar os máis pequenos.


Fundación ONCE habilitou na súa biblioteca web unha nova sección infantil, onde se recollerá a colección de "Contos pola integración". Esta consta de tres volumes con dous contos cada un, entre eles, títulos como 'Amador actor', 'Silvina bailarina' ou 'Rosalía espía', nos que cada personaxe é un neno/a cunha minusvalidez que conta as súas vivencias a través unha aventura.


A directora de Emprego, Formación e Proxectos da Fundación ONCE, Sabina Lobato, foi a encargada de presentar esta iniciativa. Na presentación participaron dous grupos de nenos dunha escola infantil e un colexio público de Madrid, onde estudan nenos e nenas con minusvalidez, os que gozaron dunha sesión de cuentacuentos de mans das autoras dos contos, Eva Latonda e Maru García.


O obxectivo desta iniciativa é a dixitalización destes contos, que xa existen en papel, para que poidan chegar a todos os interesados, persoas con e sen minusvalidez, a través das novas tecnoloxías. Cada conto dispón dun pequeno resumo ao inicio onde se explica aos máis pequenos en que consisten as distintas minusvalideces que aparecen nas lecturas.


Á sección infantil da biblioteca de Fundación ONCE pódese acceder a través do seguinte enlace 

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal