Investigadores do Instituto tecnolóxico de Xeorxia (EUA) desenvolveron un dispositivo que se pon na lingua como un 'priercing' e axuda a controlar a cadeira de rodas. Esta nova tecnoloxía, que foi probada en pacientes con lesión medular afectados nos brazos e pernas, permitirá aos discapacitados unha maior independencia.
O estudo, publicado na revista 'Science Translational Medicine', foi financiado polo Instituto Nacional de Imaxes Biomédicas e Bioingeniería e a Fundación Nacional de Ciencias. Codirixido polos investigadores Jeonghee Kim e Hangue Park, baixo a tutela do investigador Maysam Ghovanloo, contou ademais coa colaboración de científicos do Centro Shepherd en Atlanta, e do Instituto de Rehabilitación de Chicago e da Escola Feinberg de la Universidad Northwestern de Medicina de Chicago.
O sistema, que se coñece como 'Tongue Drive', é inarámico e portátil, e supera en velocidade pero mantendo a precisión das actuais cadeiras de rodas. Funciona como un 'joystick', xa que o dispositivo é controlado coa posición da lingua do usuario, se usa como as pancas de mando que levan as cadeiras de roda. Isto prodúcese grazas a uns sensores que retransmiten a posición que dita a lingua a un auricular, pode executar ata seis comandos en función da posición da lingua.
Na investigación participaron persoas sas e con diferentes graos de discapacidade física. En todos o casos, sinalan, os pacientes preferían usar este novo sistema ás actuais cadeiras eléctricas; ademais, o equipo de investigación demostrou que as persoas con tetraplexía poden manobrar unha cadeira de rodas mellor con este sistema.
En media, o rendemento dos 11 suxeitos con tetraplexía utilizando o sistema 'Tongue Drive' era tres veces máis rápido. "Ese foi un descubrimento moi emocionante", afirma Ghovanloo, quen destaca que "este resultados é testemuño da rapidez e a precisión coa que se pode mover a lingua".
Ghovanloo destaca que o sistema 'Tongue Drive' pode converterse nunha ferramenta prometedora para os pacientes que perderon a mobilidade nos brazos e pernas, a causa dunha como tetraplexía ou cuadriplexía. "É moi doado de entender o que o sistema 'Tongue' Drive pode facer e o bo que pode chegar" a "ser", sinala.
"O sistema Tongue Drive é unha nova tecnoloxía que permite ás persoas con discapacidade lograr a máxima independencia no fogar e na comunidade porque lles permite manexar unha cadeira de rodas contronado o seu ámbito dun xeito máis suave e máis intuitivo", dixo o presidente de medicina física e rehabilitación en Feinberg e investigador Elliot Roth.
Os experimentos repetíronse durante cinco semanas para que o grupo de proba sen discapacidade e durante máis de seis semanas para o grupo tetrapléxico. Todos os suxeitos con tetraplexía foron capaces de manexar a cadeira. "Vimos unha mellora enorme moi significativo no seu rendemento a partir da segunda sesión", afirma o investigador, que destaca a facilidade coa que se aprende a manexar este dispositivo.
O sistema non está listo para a súa comercialización, e o equipo de Ghovanloo traballando en melloralo e adaptalo para outros usos. "Todos os meus proxectos pretenden axudar ás persoas con discapacidade a usar as últimas tecnoloxías", conclúe.
Rexístrate como: